Saltar

O amor empeza no fogar

Saír do armario pode xerar moita ansiedade se es do colectivo LGBT+, pero que te respondan con amor e aceptación pode cambialo todo. Sabemos que o apoio no fogar fomenta a autoconfianza e a sensación de pertenza, algo que despois se extrapola ao resto do mundo. Ademais, o apoio e a aceptación non custan nada. Cando hai moito que dicir, nada que dicir ou é imposible atopar as palabras axeitadas, o mellor é empezar cunha aperta. (E se á outra persoa non lle apetece esa aperta, dille que non pasa nada). 

Comprométete coa comunidade LGBT+ | Entrevistas | IKEA toma medidas | Consigue a bolsa co arco da vella | Glosario LGBT+

Explora o noso glosario LGBT+

7 accións para converterse en aliado/a LGBT+ 

Redactamos unha serie de accións coa axuda do programa Global Diversity Champions de Stonewall. Reflicten como aliarse coa comunidade LGBT+. Sígueas para asegurarte de que o teu fogar sexa un espazo no que as persoas do colectivo LGBT+ se sintan benvidas, incluídas e libres para ser elas mesmas no Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia (IDAHOBIT, polas súas siglas en inglés), pero, sobre todo, cada día.

 

  • Escoita e aprende 
    Hai moitos termos específicos da comunidade LGBT+ que se cadra non coñeces. Dedica algo de tempo a aprender a linguaxe inclusiva e a comprender os problemas que sofre a comunidade LGBT+. Así, se alguén quere falar contigo sobre a súa identidade, orientación, problemas ou calquera outra cousa, poderás facelo do xeito correcto.  
  • Fai preguntas abertas
    Se cres que un ser querido pode querer falar sobre a súa orientación sexual, identidade de xénero ou calquera outro asunto relacionado, pero non lle resulta sinxelo, intenta facer algunha pregunta aberta de xeito agradable, como que tal lle foi o día no traballo ou na escola. Isto pode abrir a porta a manter unha conversa máis profunda.
  • Reprende os comentarios que firan os sentimentos dos demais
    Se escoitas a alguén usar unha palabra como "gay" de xeito despectivo ou como substituto doutra palabra negativa, como "estúpido", non fagas caso omiso. Lémbralle educadamente que non é aceptable e suxírelle que pense en como reformular o que dixo.

  • Responde ben á comunidade LGBT+ dos medios de comunicación
    Se aparece unha persoa ou un personaxe da comunidade LGBT+ mentres ves a televisión, les ou navegas por Internet con outra persoa no teu fogar, aproveita a oportunidade para lembrarlle a esa persoa que aceptas e apoias a comunidade LGBT+.

  • Ten paciencia
    A pesar de que poida parecer o contrario, é mellor agardar a que un ser querido decida abrirse. Se lle preguntas sobre a súa orientación sexual ou identidade de xénero antes de que estea listo/a para analizala, será menos probable que o faga. No canto diso, crea un ambiente cálido e seguro onde todas as persoas poidan falar con liberdade e agarda a que atopen o momento axeitado.

  • Usa os pronomes que che pida 
    Chamar a alguén "el/ela" segundo as túas propias suposicións pode facer que esa persoa se sinta incómoda. Polo tanto, usar o pronome "elu" é moi útil cando non coñeces a identidade de xénero dunha persoa. E non teñas medo de preguntarlle o pronome a alguén se cres que se vai sentir cómodo/a dicíndocho.
  • Cóidate ti tamén
    Coidar dos/as integrantes do teu fogar, especialmente se teñen sentimentos negativos sobre eles/as mesmos/as ou a súa contorna, pode ser difícil. Asegúrate de ter persoas ao teu redor que tamén te apoien a ti.
Explora o noso glosario LGBT+

IKEA toma medidas a favor da comunidade LGBT+  

IKEA leva moito tempo traballando para que as persoas da comunidade LGBT+ se sintan benvidas, respectadas e apreciadas por quen son. En 1994, un anuncio de IKEA na televisión presentaba unha parella de homes buscando unha mesa de comedor. Está amplamente considerado un dos primeiros anuncios LGBT+ da historia e no seu momento foi noticia en todo o mundo.

Dende o IDAHOBIT de 2022, cando activamos a campaña "Home Pride Home" (Fogar, orgulloso fogar), avanzamos para pechar a brecha de inclusión LGBT+, dentro da empresa e na sociedade en xeral, con novos compromisos e accións ao longo do ano.   

  • IKEA NA REPÚBLICA CHECA/HUNGRÍA/ESLOVAQUIA: están promovendo un cambio na sociedade. República Checa: firmou unha carta aberta ao primeiro ministro para defender o matrimonio homosexual; Eslovaquia: foi un dos impulsores dunha carta asinada por 66 grandes empresas e dirixida ao goberno para deter o odio e a polarización contra o colectivo LGBT+.
  • IKEA NO REINO UNIDO E IRLANDA: entregou os ingresos procedentes da venda do Rainbow Cake ao noso socio externo Switchboard LGBT+ Helpline, que presta apoio e información á comunidade LGBTQ+ dende a súa fundación en 1974.
  • IKEA NOS PAÍSES BAIXOS: na actualidade, ofrece aos/as colaboradores/as que se están sometendo a un proceso de asistencia de afirmación de xénero a posibilidade de coller un máximo de 24 semanas de baixa retribuída, que deberán usar nun período de 10 anos para tratamentos médicos e non médicos.
  • IKEA EN AUSTRALIA: introduciu unha baixa pagada por asistencia de afirmación de xénero para os/as colaboradores/as, así como políticas inclusivas de baixa parental, entre as que se inclúen tratamentos de fertilidade. Fixo unha doazón a unha organización benéfica a prol da xente nova do colectivo LGBT+ polo IDAHOBIT, ademais de publicar unha guía sobre os pronomes.
  • IKEA EN ITALIA: o 17 de maio de 2023, IKEA en Italia anunciou que ía ofrecerlles aos/ás colaboradores/as que empezasen un proceso de afirmación de xénero seis semanas de baixa retribuída para o devandito proceso. Tamén introduciu unha política para garantir unha contorna de traballo cada vez máis inclusiva para as persoas trans que traballan na empresa.
  • IKEA EN ALEMAÑA: celebrou o Orgullo en varias cidades cuns 500 participantes. Proporcionou información aos pais e nais queer sobre as mesmas condicións da baixa por paternidade. Asinou un documento de posicionamento para o goberno sobre a doazón de sangue da comunidade LGBT+ e a lei Selbstbestimmungs.
  • IKEA EN SUÍZA: substituíu a baixa de maternidade e paternidade por unha baixa parental que inclúe ás parellas do mesmo sexo. Este cambio produciuse após da activa participación no debate público previo ao referendo nacional sobre a ampliación da baixa de paternidade e o matrimonio igualitario. 
  • IKEA NOS ESTADOS UNIDOS E IKEA EN CANADÁ: ambos comezaron a implantar o Chosen Name Project, que lles permite aos/ás colaboradores/as trans e non binarios usar o nome elixido nas plataformas dixitais da empresa. 
  • IKEA NOS ESTADOS UNIDOS ampliou os beneficios que lles ofrece aos/ás colaboradores/as para pasar a incluír o reembolso de gastos de viaxe para procedementos médicos relacionados coa afirmación de xénero cando os servizos non estean dispoñibles dentro dunha distancia razoable dende a súa casa. 
  • IKEA EN CANADÁ: vai celebrar o IDAHOBIT e o Orgullo en cinco grandes cidades de Canadá, e a ondear a bandeira do progreso en todas as unidades. Vai doar as ganancias das bolsas STORSTOMMA a organizacións LGBT+. Introduciu etiquetas de nome co pronome.
  • IKEA EN XAPÓN: por primeira vez, izou a bandeira do progreso no exterior de todas as unidades do Xapón en abril e maio para o evento do Orgullo máis grande do Xapón e para o IDAHOBIT. 
  • IKEA EN FRANCIA: asinou oficialmente a carta de compromiso de L'Autre Cercle, unha organización francesa que traballa para mellorar a inclusión LGBT+ no lugar de traballo. Tamén estableceu "IKEA Pride France", un grupo de recursos para os nosos/as colaboradores/as franceses/as.
  • IKEA EN SERBIA lanzou hai pouco, xunto con outras empresas do país, a Equality Business Alliance, unha alianza única de empresas que ten como obxectivo promover a igualdade LGBT+ no lugar de traballo e a sociedade.
  • IKEA EN ESPAÑA: a política de beneficios non fai ningunha discriminación por orientación sexual e, dende 2022, está levando a cabo campañas anuais de concienciación cos/coas colaboradores/as durante o mes do Orgullo, ademais de doar as ganancias da venda da bolsa STORSTOMMA.

Preséntate ao mundo como aliado/a

Amosar apoio sobre a marcha... Para conmemorar o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia (IDAHOBIT), a nosa bolsa co arco da vella IKEA STORSTOMMA sairá á venda e as ganancias doaranse a organizacións LGBT+ locais.

Atopa a túa bolsa co arco da vella aquí
Dúas persoas ao sol, tombadas nun banco de formigón, suxeitando unha pequena bolsa STORSTOMMA.
Dúas persoas ao lado ao aire libre, cada unha nun bambán e unha delas suxeitando unha pequena bolsa STORSTOMMA na man.
Dúas persoas sentadas no chan ao aire libre; unha delas leva unha gran bolsa STORSTOMMA ao ombro.
Dúas persoas abrazándose ao aire libre, na rúa dunha cidade; unha delas ten unha gran bolsa STORSTOMMA colgada do ombro.
Dúas persoas apoiadas unha sobre outra, sentadas nun banco ao aire libre; hai un ceo nubrado no fondo.
Atopa a túa bolsa co arco da vella aquí
Daniel e a súa parella, Martin, no xardín diante da súa casa.

Existen moitos termos específicos da comunidade LGBT+. Explora o noso glosario LGBT+ aquí.

Lecturas relacionadas