Emprendedores sociais de IKEA: creamos o cambio xuntos
Levamos desde 2012 colaborando con emprendedores de todo o planeta que colaboran na creación dun mundo mellor ao proporcionar empregos que empoderen ás persoas, ao tempo que abordamos unha serie de retos sociais e medioambientais. Adoitamos referirnos a eles como "emprendedores sociais".

Distintas formas de asociación
Impulsamos o seu potencial e impacto a través de programas de desenvolvemento, inversións e o intercambio de coñecementos, de onde IKEA obtén información moi valiosa. Para as empresas sociais que ofrecen produtos e servizos únicos, establecemos asociacións empresariais e utilizamos todas as canles de vendas de IKEA para poñelas á disposición dos clientes.
Desafiando as causas fundamentais da pobreza, a exclusión e a desigualdade
Ao asociarnos con estes/as emprendedores/as sociais, apoiámonos nos puntos fortes de cada un/unha e compartimos o aprendido os uns cos outros, e coas diferentes partes de IKEA. Sabemos que xuntos podemos crear un futuro máis sostible no que vexamos e escoitemos todas as persoas. Isto é o que denominamos "emprendemento social de IKEA".
“Cando as mulleres de comunidades marxinadas obteñen capacitación, formación e emprego, iníciase unha transformación dentro de si mesmas, as súas familias e as súas comunidades, e isto orixina o cambio.”

- Páxina de información do produto
Feitos á man coa cabeza e o corazón
Todos os produtos da colección MÄVINN están feitos á man e son únicos. Fabricáronse en colaboración con cinco empresas sociais de Bangladesh, India e Xordania que crean postos de traballo para as persoas que máis os necesitan. Ao combinar un deseño moderno coa artesanía tradicional transmitida de xeración en xeración, esta colección pon en valor os obxectos artesanais, así como o esforzo e o patrimonio cultural tecidos en cada peza.
Seguimos a expandirnos
No 2021, iniciáronse catro novas colaboracións sociais e empresariais, e cada vez máis produtos globais están xa á disposición dos clientes de IKEA. Estamos tratando de crear asociacións a longo prazo que poidan xerar empregos e medios de vida para o maior número posible de persoas durante moito tempo.
Unha colaboración beneficiosa para todas as partes
Cando unimos forzas, as empresas sociais pasan a formar parte da cadea de abastecemento de IKEA con acceso a ferramentas valiosas. Por exemplo, os/as deseñadores/as, os/as desenvolvedores/as de produtos e os/as técnicos/as de IKEA comparten coñecementos sobre os deseños e os requirimentos globais, mentres que as empresas sociais achegan coñecementos sobre as materias primas e a artesanía local.
Grazas a esta colaboración, os nosos socios poden acceder a novos mercados e ampliar o seu negocio. Isto significa que poden ser máis independentes e ofrecer máis oportunidades de traballo. Namentres, isto permite a IKEA ofrecer produtos e servizos de deseño exclusivo aos clientes, ao tempo que inclúe un grupo máis diverso na nosa cadea de abastecemento.
Ofrecemos apoio
Tamén apoiamos emprendedores/as sociais que desenvolveron formas efectivas de combater os problemas sociais, pero que precisan máis axuda para acadar todo o seu potencial. Estes/as emprendedores/as sociais están cambiando o mundo para mellor a través de solucións innovadoras que protexen o noso planeta e sacan as persoas da pobreza.
Programas de desenvolvemento
Todos os programas de desenvolvemento créanse en conxunto con asociacións civís coas que colaboramos. Estes programas ofrecen aos emprendedores de éxito acceso á nosa asistencia durante un tempo limitado, principalmente mediante formación teórica por parte das persoas e empresas que colaboran con IKEA. Ás veces, tamén en forma de inversión.
Apoio directo
Tamén apoiamos directamente os/as emprendedores/as sociais a través de subvencións, préstamos, investimentos e ferramentas non financeiras. Deste xeito, poden alcanzar todo o seu potencial e ampliar os seus negocios para lograr un impacto maior aínda.
Programas piloto
Xunto cos/as emprendedores/as sociais, desenvolvemos conceptos innovadores para o negocio IKEA que nos permiten explorar novos xeitos de crear un cambio social.
Orientación con impacto
Wietse van der Werf, fundador de Sea Ranger Service, buscou orientación sobre como ter un impacto maior e ofrecer oportunidades de traballo para máis persoas. Participou no programa Dela, onde recibiu asesoramento dos/as colaboradores/as de IKEA e outras persoas expertas nunha serie de sesións que desafiaron e puxeron a proba a súa estratexia para ampliar a súa organización. Influído polo modelo de franquía de IKEA, Wietse está a desenvolver un novo método que se pode replicar en todo o mundo.

Máis datos sobre o emprendemento social de IKEA no sitio web
* Os outros socios que participan neste proxecto son Yunus Social Business e MakeSense.
Co noso socio Yunus Social Business (YSB), iniciamos un proceso de innovación social no que participaron os principais interesados de IKEA. En colaboración co Grupo Ingka, determinamos que París era a localización ideal para crear e probar conxuntamente unha solución con MakeSense, socio local de YSB.