Saltar

O compromiso co cambio forma parte da esencia de IKEA

En IKEA, cremos que todas as persoas poden desempeñar unha función importante. Xuntos, comprometémonos a construír unha sociedade mellor na que todas as persoas prosperen e se sintan benvidas, sen importar quen sexan ou de onde veñan. Ao reforzar os nosos compromisos, unimos forzas para cambiar a narrativa para mellor co obxectivo de seguir apoiando as persoas refuxiadas, impulsar a integración social e mellorar os medios de vida. É un camiño de transformación que percorremos como comunidade, comprometidos por ter un impacto positivo xuntos. 

Cambiar a narrativa | Tres formas de pasar á acción | Os nosos fitos | O noso compromiso

Xuntos podemos mudar a nosa forma de pensar 

No que respecta ás persoas refuxiadas, moita xente ten unha visión negativa. Isto débese á forma na que se fala deles en Internet e nos medios de comunicación. Por iso, queremos descubrir a verdade xuntos, apoiar ás persoas refuxiadas nas nosas comunidades e contribuír a cambiar a narrativa para mellor.

Máis de 120 millóns de persoas de todo o mundo vense forzadas a desprazarse (43,7 millóns delas son refuxiadas). Ese número segue medrando cada ano, como tamén o fai a discriminación que sofren á hora de buscar un fogar, un posto de traballo e estabilidade. Ao contrario do que transmiten certas ideas erróneas sobre que as persoas refuxiadas supoñen unha carga, cremos que teñen moito que ofrecer á sociedade e á economía. Para nós, todas as persoas merecen respecto, dignidade e oportunidades. Ao colaborar con ACNUR, a Axencia da ONU para as Persoas Refuxiadas, agardamos cambiar xuntos a narrativa acerca das persoas refuxiadas.  

Durante anos, traballamos con persoas refuxiadas en diversos aspectos do noso negocio, a través de iniciativas como "Skills for Employement" e o emprendemento social de IKEA. O noso obxectivo é seguir alzando a voz en todo o mundo e proporcionar unha plataforma onde as persoas refuxiadas poidan compartir as súas historias abertamente. Ao escoitar as persoas refuxiadas, que o único que queren é a paz e a seguridade que todos valoramos tanto, podemos aprender, crecer e cambiar para mellor, xuntos. 


Todos merecen a oportunidade de contar a súa propia historia

En IKEA, estamos convencidos de que todas as persoas teñen o dereito de poder contar as súas propias historias. As historias que compartimos contribúen a achegarnos á verdade, cambiar mentalidades e acceder ao corazón dos demais. Sabemos que non se pode mudar a narrativa da noite á mañá, pero todos podemos poñer da nosa parte para crear un futuro mellor. 

Retrato de Clementine, unha refuxiada congolesa, no medio dun campo e con roupa cun colorido estampado.

Tres formas de pasar á acción

  • Mantente ao día

    Podemos axudar a mudar a narrativa xuntos se deixamos de falar sobre as persoas refuxiadas e empezamos a falar con eles. Fai un breve cuestionario creado pola Fundación IKEA en colaboración con Gapminder e descubre que datos son certos para axudar a desmentir a información errónea sobre as persoas refuxiadas. 

  • Presta atención

    Podes marcar a diferenza a escala local ao colaborar con organizacións e ONG da túa zona que se dediquen a axudar as persoas refuxiadas e a promover a súa integración na sociedade. 

  • Conciencia os demais

    Comparte sempre información verificada de fontes fiables para axudar a contrarrestar a onda de negatividade e desinformación. 

Os nosos fitos

Axudamos a máis de 3700 persoas refuxiadas

O programa de capacitación laboral do Grupo Ingka axudou a máis de 3700 persoas refuxiadas desde 2019 en 26 países, e 887 xa o completaron en 2024. Colaboraron máis de 700 empresas para axudar coa integración de máis persoas refuxiadas.

Máis de 380 postos de traballo

Inter IKEA Group presenta unha nova colección cada ano, o que contribúe a crear 380 postos de traballo para persoas refuxiadas e mulleres xordanas, cun impacto positivo en 1500 familiares.

300 millóns de euros investidos

A Fundación IKEA excedeu o seu compromiso de 100 millóns de euros. Xa se investiron máis de 300 millóns de euros en mellorar os medios de vida das persoas refuxiadas e das súas comunidades.

Zahra e Tarek na súa cociña, sorrindo á cámara con cuncas de café na man.
Unha habitación infantil luminosa cunha solución de almacenamento IKEA TROFAST chea de xoguetes e libros na fiestra.
Hassan de pé nun balcón cun xersei vermello mirando pola fiestra.
Yevheniia, cunha camisa branca, sentada nunha cociña sorrindo.
Sementes plantadas sobre unha mesa; hai unha pequena bandeira de papel de Suecia a carón dun testo.

Os nosos compromisos mantéñense

  • O Grupo Ingka seguirá axudando a 3000 persoas refuxiadas máis. Axudamos a facilitar a integración ao promover a mellora de coñecementos a través da formación técnica e de idiomas, a creación dunha canteira de talentos inclusiva e a defensa dun cambio positivo con ACNUR.
  • Ademais dos 300 millóns de euros xa proporcionados, a Fundación IKEA seguirá financiando o traballo relacionado coas persoas en situación de desprazamento forzado. O obxectivo principal é seguir traballando para maximizar o impacto nestas comunidades.  

  • Inter IKEA Group está traballando coa Jordan River Foundation para crear 400 postos de traballo a longo prazo e para lograr a integración social.  

  • IKEA Social Entrepreneurship, xunto con Cisco Foundation e NESsT, lanzou unha iniciativa para axudar as persoas refuxiadas e migrantes de Polonia e Romanía, destinada a crear 3000 postos de traballo a longo prazo que terán un impacto positivo en máis de 5000 persoas desprazadas.

Iniciativas sociais en IKEA

En IKEA, estamos comprometidos coa defensa de todas as persoas refuxiadas. Descubre aquí como traballamos con persoas refuxiadas na nosa empresa: