Impacto social
Temos a misión de crear un mellor día a día para as persoas de todo o mundo, e tomamos a nosa responsabilidade moi en serio nas comunidades locais nas que estamos presentes. Queremos construír unha sociedade máis xusta e igualitaria a través de accións meditadas cuxo efecto perdure. Por riba de todo, o noso obxectivo é que as nosas iniciativas comunitarias causen un impacto positivo nas persoas e no planeta, con independencia de onde esteamos e o que fagamos. Desde defender a igualdade de dereitos até o emprendemento social e o compromiso coa comunidade, hai moitos xeitos de dar prioridade ás persoas.
Inclusión do colectivo LGBT+
O fogar pode ser a base para desenvolver a autoconfianza, a felicidade e o sentido de pertenza, especialmente para as persoas da comunidade LGBT+. Cando a aceptación e a inclusión xeran a igualdade de oportunidades para todas as persoas, independentemente da súa identidade e orientación sexual, estamos todos mellor. Xuntos.
Traballar con emprendedores sociais para un futuro mellor
Unha forma de crear un mellor día a día para a maioría das persoas é mediante a promoción de emprendedores sociais para xerar un cambio positivo e duradeiro para quen máis o precisa.
Provedores: os nosos socios en negocios responsables
Os nosos provedores axúdannos a promover un cambio positivo. Xuntos, traballamos para dirixir os nosos negocios con responsabilidade desde un punto de vista social e medioambiental e para crear un mellor día a día para as persoas de todo o mundo.
Un pequeno mantel individual que marca unha gran diferenza
Feito de xacinto de auga vietnamita, o mantel individual SOARÉ pode parecer sinxelo. Con todo, tamén mantén transitables as vías fluviais locais, axuda a preservar a artesanía tradicional e ofrece aos tecedores un diñeiro extra.
Promover a ética no tecido manual
Xunto cos nosos provedores, estamos a traballar para mellorar a forma en que se confeccionan alfombras á man na India e Bangladesh, garantindo un maior coidado do medio ambiente, boas condicións de traballo e unha maior igualdade entre homes e mulleres.
Obxectivos de sostibilidade de IKEA para 2030
O obxectivo da estratexia de sostibilidade de IKEA é inspirarnos, activarnos e abrirnos camiño na planificación, a toma de decisións e a definición de obxectivos para que, en equipo, poidamos acadar os grandes cambios positivos que queremos ver no negocio IKEA e no mundo.