Paixón compartida: a clave do éxito
Durante o ano fiscal 2018 (set 2017 - ag 2018), IKEA alcanzou a cifra de 38.800 millóns de euros en venda retallista (incluída a venda de servizos a clientes e impostos non incluídos).
Ser humildes é algo serio
Colaboramos con pensadores creativos para resolver os problemas urxentes e futuros para crear un mellor día a día para a maioría das persoas. Xunto con deseñadores, marcas, artesáns, estudantes e máis, atrevémonos a explorar novas posibilidades e afrontar novos retos.
«Trátase de estar abertos a aprender dos demais e superar os nosos límites de formas pouco habituais», comenta Peter van der Poel, director da división de Subministración e Variedade de IKEA, e director xerente de IKEA of Sweden.
Máis xogos no teu día a día
IKEA e LEGO unen as súas forzas
O xogo fai dun fogar, e do mundo, un lugar mellor
Tanto LEGO coma IKEA son dúas marcas que comparten unha paixón polo xogo. Non obstante, xuntos, desexabamos cuestionar a idea de que xogar é sinónimo de desorde, dunha forma creativa, humanista e divertida.
Sabemos que os adultos e os nenos ven as cousas de forma moi distinta e a organización non é tampouco unha excepción. Polo tanto, o noso obxectivo é convencer os pais de que a «desorde» é parte do xogo. Queremos inspirar as familias para que xoguen xuntas. Ou soas. Pero que continúen xogando.
Segundo o noso último Informe do xogo, o 47 % dos nenos desexan pasar máis tempo xogando cos seus pais.
Ao mesmo tempo, o 90 % dos pais indicaron que o xogo é esencial para o benestar e a felicidade.
Adidas e IKEA:
Que podemos aprender os uns dos outros
Dúas marcas cunha paixón compartida por unha vida activa e saudable vanse embarcar nunha viaxe fascinante. Adidas sempre creu en cambiar a vida das persoas mediante o poder do deporte, e a esencia de IKEA sempre foi mellorar a vida diaria das persoas.
O noso reto é fusionar os dous mundos e explorar o benestar na casa... xuntos. Temos como obxectivo mellorar o noso coñecemento da forma en que as persoas comparten o seu tempo entre exercicio, durmir e comer na casa. Trátase de que o exercicio sexa parte da nosa rutina diaria, centrándonos especialmente nas mulleres novas.
Como podemos facilitar que as persoas teñan un estilo de vida activo? Permanece atento para descubrilo.
O noso obxectivo é que o deporte sexa accesible para todos. Xunto coa marca IKEA, exploraremos o papel que pode desempeñar un fogar para eliminar as barreiras para facer exercicio».”
- Josefine Aberg, vicepresidenta de Deseño en Adidas
Unha ollada a tres colaboracións interesantes
Viches as coleccións de IKEA de 2018?
Creando unha colección perfectamente imperfecta
A beleza dos produtos artesanais reside nas pequenas imperfeccións. Así, o noso reto con INDUSTRIELL foi fabricar e producir en masa un produto coa mesma sensación única dun produto artesanal e que estea dispoñible para todo o mundo. Asociámonos co deseñador neerlandés Piet Hein Eik e descubrimos novas formas de traballar con madeira, cristal, cerámica e téxtiles.
Unha colaboración que desafiou os nosos límites. E que pagou a pena.
Cremos en desafiar as nosas ideas para aprender e crear unha vida mellor. Xunto co deseñador de moda radicado en Los Ángeles Chris Stamp creamos a colección SPÄNST dirixida ao consumidor máis novo que vive un estilo de vida activo e urbano con todo dende pezas de almacenaxe ao primeiro monopatín de IKEA.
Creación compartida para un mellor día a día
INNEHÅLLSRIK é a 7.ª colección de edición limitada creada xunto con artesás da India. Presentamos a colección no Día Internacional da Muller para celebrar as mulleres apoderadas que a crearon. Foi o momento perfecto para destacar o que están a facer para axudar a reducir o desequilibrio de xénero de distintas maneiras. Xuntos, tamén desenvolvemos unha serie de titoriais únicos para que todo o mundo poida aprender estas manualidades.
Que é o seguinte?
Hai moitas máis colaboracións en marcha
Little sun, Virgil Abloh, UNYQ e AREA ACADEMY, Saint Heron e Sonos.


