Todos estamos no mesmo barco

Mira por que Malin Pettersson-Beckeman, directora de Comunicación sobre sostibilidade de Inter IKEA Group, considera unha vida sostible como unha elección diaria.
Queremos que unha vida máis sa e sostible sexa unha opción doada. Non obstante, trátase de moito máis que simplemente ofrecer produtos máis intelixentes, desexamos crear un movemento para unha vida diaria mellor e máis sostible. Trátase de inspirar e animar a tantas persoas como poidamos, os nosos clientes, colaboradores e colaboradoras, provedores e mesmo outras empresas, a que se unan ao esforzo e tomen decisións máis sostibles cada día.
O consumo non sostible e o cambio climático seguen sendo algúns dos grandes retos da humanidade. Co noso tamaño e configuración, podemos contribuír enormemente a un mundo máis sostible.
Unha forma de vida sostible ten que ser sinxela e a opción máis natural».”
- Malin Pettersson-Beckeman, directora de Comunicación sobre sostibilidade, Inter IKEA Group
Non obstante, non podemos facelo sós. Todo o mundo ten o seu papel á hora de crear unha realidade sostible. Para nós, comeza con algúns grandes cambios e algúns pequenos. Isto inclúe o deseño de produtos máis intelixentes utilizando materiais renovables ou reciclados, ofrecer opcións de alimentos máis sans e sostibles, e formas máis doadas e alcanzables de que as persoas reduzan os seus residuos, utilicen menos enerxía e auga nos seus fogares e que esta enerxía sexa máis limpa.
Estamos a transformar completamente a forma de traballar na cadea de valor de IKEA dun negocio lineal a outro circular. Isto significa deseñar todos os produtos dende o principio para que sexan reutilizables e se poidan reparar, revender e reciclar, xerando o menor residuo posible. Non obstante, ser circular significará traballar máis alá do noso negocio, cos nosos provedores, gobernos, clientes, entre outros, para que suceda.
Somos optimistas en canto ao futuro. Mediante a colaboración, curiosidade e un espírito emprendedor, sabemos que é posible facer cousas incribles.
Liderando sendo un bo exemplo
Tras converter toda a nosa gama de iluminación a LED de baixo consumo, agora estamos a dirixir os nosos esforzos ao uso de enerxía 100 % renovable nas operacións de IKEA e nos nosos provedores directos. Tamén nos estamos a centrar en materiais máis sostibles nos nosos produtos. Para 2030, esperamos usar só materiais renovables e reciclados e reducir a pegada total de IKEA nun 70 % de media por produto.
Adeus aos produtos de plástico desbotables
Para 2020, os produtos de plástico desbotables deixaranse de comercializar completamente nas tendas IKEA de todo o mundo. Isto inclúe palliñas, pratos, bolsas de conxelador e máis.
Menos pezas crean unha enorme diferenza
Cando se trata de sostibilidade, os sofás sempre foron un reto. Son grandes, pesados e practicamente imposibles de poñer en paquetes planos. Non obstante, isto non nos impediu explorar mellores formas de deseñalos, fabricalos e empaquetalos.
Un grande éxito é a nosa nova estrutura de sofá, que agora utiliza só 13 pezas de montaxe no canto de 122. Isto reduce significativamente o uso de auga e enerxía e require unha embalaxe moito máis pequena, polo que non necesitamos tantos camións e colectores de transporte. Todo isto tradúcese en menos emisións e un menor impacto ambiental, sen que a calidade e o confort se vexan afectados.
A nova estrutura de sofá foi probada en China no verán de 2018 e despregarase globalmente cunha serie de sofás seleccionados ao longo de 2020.
Pregúntaste que podes facer?
A forma en que vivimos nos nosos fogares ten un enorme impacto no planeta. Non obstante, a boa noticia é que podemos marcar a diferenza.
Mira o que se coce aquí...
Estamos no proceso de transformar as nosas tendas, mercados e restaurantes para ofrecer alimentos máis sans e sostibles.
Os nosos ambiciosos compromisos inclúen:
As boas intencións son boas, obviamente. Pero tamén sabemos que uns obxectivos reais e que se poidan medir é o que realmente conta. Deseguido mostramos unha selección dos nosos ambiciosos compromisos para ser positivos para o planeta e as persoas:
- Deseño de todos os produtos IKEA con novos principios circulares, co obxectivo de utilizar só materiais renovables e reciclados nos nosos produtos para 2030.
- Oferta de servizos que son máis doados de levar á casa, coidar e traspasar.
- Retirada de todos os produtos de plástico desbotables da familia de produtos IKEA en todo o mundo e dos restaurantes para clientes e colaboradores e colaboradoras* para 2020.
- Obtención de cero emisións en entregas a domicilio para 2025*.
- Redución da pegada total ambiental de IKEA nunha media do 70 % por produto para 2030.
- Expansión da oferta de solucións solares alcanzables para o fogar en 29 mercados de IKEA* para 2025.
*Este obxectivo aplícase aos franquiados IKEA máis grandes, INGKA Holding B.V., con 363 tendas en 29 mercados.


