Saltar

Abrindo as portas á diversidade

En todo o mundo, IKEA conta con 208 000 colaboradores e colaboradoras ao termo do ano fiscal 2018 (set 2017 - agosto 2018).

Demostrouse unha e outra vez: canta máis diversidade hai no lugar de traballo, máis creativa e relevante é unha organización. Así, cando só o 20 % dos que solicitaron traballar na primeira tenda IKEA na India foron mulleres, vimos unha grande oportunidade.

«Creo que é un gran momento para ser unha muller nova na India», comenta Preet Dhupar, directora financeira en IKEA India. «Se a India quere ser unha economía forte, non é posible ignorar o 50 % da poboación. Podemos desempeñar un papel importante na transformación».

Non obstante, formar parte do equipo de traballo como muller na India pode en ocasións enfrontarse ao escepticismo da sociedade que a rodea. Para Shireen Begum e Safia Begum, que foron contratadas recentemente en IKEA, en Hyderabad, foi unha oportunidade para inspirar outras nenas e mulleres.

Ambas as dúas, con pouco máis de 20 anos, son dúas mulleres decididas que romperon os tabús sociais anteriores traballando. «Trátase de cambiar a mentalidade», comenta Shireen.

Foi na facultade de Shireen e Safia en Hyderabad onde escoitaron por primeira vez que unha tenda IKEA abriría na súa cidade. Tamén descubriron que estaban a buscar candidatos para o noso programa de formación que podería dar lugar a unha futura carreira. Decidiron apuntarse, pero sabían que necesitaban convencer as súas familias de que era o correcto. Nin os pais de Safia nin os de Shireen tiñan educación superior e as ambicións das súas fillas pilláronos por sorpresa.

«Realmente nunca pensei en traballar despois dos meus estudos superiores», admite Shireen. «Sendo muller, os meus pais non esperaban que tivese unha carreira, non sabían moito sobre o mundo laboral, así que tiven que explicarlles moitas cousas,» comenta Shireen. «Ao principio, estaban moi preocupados e asustados sobre se non era o suficientemente seguro. Na India, houbo moitos casos de acoso sexual no traballo e este tipo de cousas. Non obstante, na actualidade, vendo como me vou desenvolvendo, é todo distinto».

Se a India quere ser unha economía forte, non é posible ignorar o 50 % da poboación».

- Preet Dhupar, directora financeira de IKEA India

Coñecer e encontrar solucións para axudar os clientes é unha tarefa diaria para Shireen Begum, colaboradora en IKEA Food.

Cambiar a mentalidade

Na India, as mulleres teñen a responsabilidade de coidar das súas familias, o que fai que o equilibrio entre o fogar e a carreira sexa todo un reto. Shireen e Safia saben de primeira man o que é isto, as dúas cociñan para os seus irmáns, limpan e encárganse da casa e contribúen doutras maneiras. Para elas, as tarefas familiares comezan horas antes de que cheguen ao seu traballo.

Shireen e Safia comezaron a traballar cunhas ambicións moi claras. No futuro, ambas as dúas vense en postos de dirección e esperan que as súas carreiras lles permitan viaxar algún día.

«Quero coñecer persoas doutros países e relixións, e aprender novos idiomas», di Safia. «É importante que as persoas se comprendan mellor e creo que é a mellor forma para evitar malentendidos».

Sendo pequena, os meus pais non esperaban que tivese unha carreira».

- Shireen Begum, colaboradora en IKEA Food

Safia Begum, do equipo de asistencia a empresas de servizos de IKEA, considera que ter un equilibrio de sexos crea un ámbito aberto que anima os colaboradores e colaboradoras a sentirse satisfeitos sobre as súas distintas contribucións.

Contratación máis xusta

Cando se iniciou o período de contratación para a tenda de Hyderabad, o 80 % dos aspirantes foron homes. «Non podiamos simplemente sentarnos e esperar», comenta Anna-Carin Månsson, directora de Recursos Humanos de tendas do país de IKEA India.

Así, IKEA India comezou unha busca nacional do mellor talento feminino, dirixíndose a redes empresariais, organizacións e universidades. Animar as mulleres a que se presentasen e apoialas na súa carreira era unha prioridade.

«Ao final, o mellor candidato terá o traballo», comenta Preet. «Pero cando estou a contratar, quero estar seguro de que teño unha boa representación de homes e mulleres entre os que elixir».

Os froitos dos esforzos de contratación de IKEA India, un equilibrio do 50:50 de homes e mulleres, é algo do que estar orgullosos. E cuns 15.000 colaboradores e colaboradoras de IKEA previstos para o mercado nos próximos anos, o futuro para a muller é aínda máis prometedor.

Facilitando unha vida equilibrada

En IKEA India, anímase tanto os homes coma as mulleres a encontrar un mellor equilibrio entre o traballo e a vida familiar. Algúns excelentes beneficios, como un programa de coidado infantil chamado DAGIS, ou coidado de día en sueco, e unha política de baixa de paternidade única (ningunha outra empresa na India ofrece seis meses aos pais), son exemplos de como IKEA India está a facilitar o equilibrio entre a vida laboral e do fogar.


Máis historias