Acerca de nós
IKEA foi fundado por Ingvar Kamprad en 1943 e comezou sendo un negocio de venda por catálogo na cidade de Älmhult (Suecia). Hoxe en día, é unha marca internacional de decoración e produtos para o fogar que proporciona accesibilidade, deseño e comodidade a persoas de todo o mundo. Percorremos un longo camiño dende os nosos humildes comezos, pero a nosa visión segue a ser a mesma: crear un mellor día a día para a maioría das persoas. Descubre aquí a historia de IKEA para obter máis información sobre o noso legado e o que nos motiva e fai que queiramos influír positivamente nas persoas e no planeta.