Saltar

Isto é IKEA

O noso obxectivo é crear un día a día mellor para moitas persoas. Aquí podes descubrir o que significa isto e saber quen somos, que facemos e para que traballamos.

Ven traballar connosco

Conseguir que millóns de persoas se aleden de volver á casa

Acerca de nós

O que comezou como unha empresa unipersoal de venda por correo converteuse nunha marca global de mobles para o fogar que ofrece mobles accesibles e ben deseñados a persoas de todo o mundo. Velaquí o noso legado.

Causar un impacto social positivo

Impacto social

Queremos axudar a construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. Par iso, daremos prioridade ás persoas e faremos que o noso negocio medre de forma integradora.

Causar un impacto social positivo
Máis información

Un día a día sostible

Queremos animar á xente a vivir de xeito máis sostible, por iso apostamos por produtos accesibles e eficientes desde o punto de vista enerxético e dos recursos. Grazas a paneis solares domésticos, bocadillos de salchicha vexetais e solucións de aforro enerxético, estamos a achaiar o camiño para ofrecer unha vida máis sostible para todo o mundo.

Máis información

Informe Vida na casa

Cada ano, poñémonos en contacto con miles de persoas para crear o noso informe Vida na casa. Polo tanto, se tes curiosidade por saber que fan as persoas de todo o mundo e como se senten nos seus fogares, bótalle unha ollada aquí.

Máis información sobre o informe Vida na casa