Comer en IKEA
En IKEA, poderás descubrir os sabores de Suecia con comida accesible e deliciosa. Dende albóndegas suecas ata café e bolaría: temos comida variada para todos os gustos.
Que comer en IKEA | Ofertas IKEA Family | Receitas | Outros servizos
Goza dunha experiencia deliciosa
Restaurante IKEA
Xa sabes que vas comer? Bota unha ollada aos nosos pratos no restaurante da túa tenda IKEA.
Bistró
Se xa remataches a túa compra, podes pasar polo noso bistró a gozar dun bo petisco.
A tenda sueca
Leva o mellor da gastronomía sueca, con produtos como marmelada ecolóxica ou salmón con certificación ASC.
Cupón de 2€ coa túa compra de 10€
Este setembro, leva sabores suecos á casa contigo. E se es do club IKEA Family e gastas máis de 10€ na nosa Tenda de Alimentación Sueca, darémosche un cupón de desconto de 2€ para a próxima compra.
Receitas para probar na casa
Condicións legais
50% DE DESCONTO NOS PRATOS PRINCIPAIS * RESTAURANTE IKEA
Promoción ofrecida por IKEA IBÉRICA, S. A. U., con CIF A28812618 e domicilio na Avenida Matapiñonera, n.º 9, 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid), inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, no tomo 1251, sección 8.ª, folio 102, folla 23 549. Os días 5, 12, 19 e 26 de setembro de 2025, os socios e socias de IKEA Family poderán gozar dun desconto directo do cincuenta por cento (50%) que se aplicará exclusivamente sobre o P. V. P. nos pratos principais do Restaurante IKEA* das nosas tendas de IKEA en España que dispoñan do servizo de Restaurante (excluídas as Illas Canarias e Baleares, e as tendas IKEA Glòries, IKEA Santander e IKEA Diagonal). Promoción aplicable só pola compra física durante o horario de comida, merenda e cea. Consulta os horarios e a dispoñibilidade dos pratos principais do teu restaurante IKEA máis próximo na seguinte ligazón: https://www.ikea.com/es/gl/campaigns/horario-de-platos-principales-en-tu-tienda-favorita-pub2a737de0. Pratos incluídos na promoción: lasaña vexetal, prato de pasta, albóndegas de proteína vexetal, albóndegas suecas, filete de salmón, lomedro de porco, milanesa de polo e "fish & chips". Para gozar do desconto, deberás presentar a túa tarxeta ou identificarte co teu número de socio ou socia de IKEA Family no momento de efectuar o pagamento. O desconto non se pode reembolsar nin trocar por efectivo. Non se pode acumular a outras ofertas e promocións. Promoción suxeita a dispoñibilidade.
CONDICIÓNS LEGAIS DO CUPÓN DE 2€ PARA A TENDA DE ALIMENTACIÓN SUECA
Oferta válida desde o 1 de setembro ata o 30 de setembro de 2025 na Tenda de Alimentación Sueca da planta baixa das tendas IKEA da península (agás Portugal). Non acumulable a outras ofertas ou promocións, non se pode trocar por efectivo.