A seguridade no fogar para os nenos e bebés
Os croques e os hematomas son parte do crecemento, pero o fogar debería ser un lugar no que os nenos non sufran lesións graves. Para que o día a día lles resulte o máis seguro posible, un bo punto de partida é ver a decoración do fogar a través dos ollos dun neno.


Explora máis temas de seguridade para bebés e nenos

Ao ter o seu centro de gravidade máis alto en comparación cós adultos, os nenos e nenas poden perder o equilibrio.

Vai sempre un paso por diante do teu pequerrecho.”
Herdís StorgaardExperta en seguridade infantil, Islandia

Os peluches IKEA teñen os ollos bordados, así que non é posible arrincalos e tragalos.
Un compromiso permanente coa seguridade dos produtos
Como se desenvolven produtos seguros en IKEA
A seguridade é un punto clave no desenvolvemento dos produtos IKEA para garantir que sexan quen de soportar as esixencias do día a día no fogar. Sometemos todos os nosos artigos a duras probas de estrés e funcionalidade para que goces deles sen te preocupares. Mesmo despois de comezar a vendelos en todas as nosas canles.
A listaxe completa de produtos IKEA retirados do mercado
Ás veces, a pesar de todas as nosas probas e certificacións, descubrimos que un dos nosos produtos vendidos presenta algún perigo potencial. Nese momento, poñemos en marcha toda a maquinaria para retiralo do mercado o máis rapidamente posible. Aquí podes consultar se tes un produto IKEA retirado do mercado e, de ser o caso, indicacións sobre o que podes facer.