A seguridade no fogar é primordial
A nosa casa debe ser o noso lugar seguro. Ese sitio no que nin sequera temos que pensar en todo o que poida facernos dano no exterior. Hai unha parte da nosa seguridade, porén, que debe coidarse dende dentro. Por iso, traballamos moi duro para que os mobles e accesorios de IKEA non supoñan ningún risco para a seguridade da túa familia.


No teu fogar, cara onde debemos enfocar os nosos esforzos?
Cada estancia é diferente e, por suposto, non ten por que pasar nada, mais se levamos un croque, é máis probable que ocorra naqueles sitios nos que estamos máis tempo.
Na sala de estar
Na cociña
No xardín
As familias pasan a maior parte do tempo xuntas na sala de estar vendo a televisión, xogando, falando ou facendo os deberes. Por iso, é alí onde é máis probable que ocorra algo. Logo, na cociña, onde moitas familias pasan o tempo mentres fan a cea ou almorzan polas mañás. E, por último, o xardín, que é un lugar de xogos infinitos.
Fonte: Análise específica de EuroSafe IKEA baseada na Base de Datos Europea sobre Estatísticas de Lesións, de 2008-2018.
Que facer para evitar os riscos máis comúns no fogar?
- Co protector de chan STOPP FILT podemos evitar que se mova a alfombra, o que evitará o risco de esvarar. Ademais, protexe o chan das rabuñaduras.
- Os bebés, cando empezan a gatear e camiñar, son moi bulideiros e experimentan moito coas mans e coa boca. Se non podes gardar os produtos químicos ou de limpeza fóra do seu alcance, un accesorio de bloqueo UNDVIKA é a solución.
- As esquinas dos mobles, sobre todo nos primeiros anos de vida, son unha fonte inesgotable de carolos. Cos protectores de esquina UNDVIKA podemos ter un pouco máis de tranquilidade.
- Todos os mobles de IKEA veñen cun sistema de fixación e insistimos sempre en que deben fixarse á parede como un paso máis da súa montaxe, sobre todo as cómodas, os armarios e os mobles grandes e moi pesados. Se ao teu pequecho ou pequecha lle gusta a escalada, debemos evitar que lle poida caer enriba algún moble.
- Que levante a man quen consiga ter todos os xoguetes e as súas mil peciñas perfectamente recollidos cando hai un neno o unha nena na casa! Ninguén? Podes ter varias caixiñas IKEA repartidas pola casa. Non son só decorativas e bonitas, senón que tamén te axudan a gardar todas aquelas pezas que atopas a diario e evitar que alguén poida levalas á boca. Logo, de cando en vez, xa as recolocarás no seu sitio. Cando teñas tempo e ganas.
- As candeas crean un ambiente marabilloso, sobre todo para relaxármonos e ter un momento máis íntimo con esa persoa especial ou con nós mesmos (por que non?). Só hai que ter coidado de non deixalas acendidas preto de cortinas ou sobre unha superficie que poida arder facilmente. Poder usar un candeeiro BERGGRAN, un farol BORBY ou mercar directamente candeas perfumadas GRANSLIN co seu propio vaso e terás unha preocupación menos.
- Os electrodomésticos son necesarios, pero tamén hai que tomar algunhas precaucións. Na cociña, unha placa acendida ou ao alcance dos pequenos pode converterse nun problema. Coa placa de indución MATMÄSSIG, podemos evitar queimarnos ao pór unha man enriba por accidente ou que os nenos a acendan grazas ao seu seguro.
- Ao cociñar, é moi sinxelo que salte aceite ou que se derrame un pouco de auga fervendo ao escorrer a pasta. Grazas aos nosos mandís, as nosas luvas para forno e moito outros accesorios de cociña, poderás seguir gozando do pracer de cociñar sen sufrir.
- Bañar ao noso bebé é un dos momentos máis bonitos e onde comezas a crear aínda máis lazos. O bebé, porén, medra e cada vez lle gusta máis bañarse e xogar en solitario na bañeira. Lembra que 3 cm de auga son suficientes para levarmos un susto, aínda que con vixilancia e unha bañeira LÄTTSAM, con chan antiescorregante, seguro que non haberá problemas.
A seguridade no fogar non entende de idade
Hai quen di "a idade é só cuestión de actitude". Hai quen di, porén, "os anos non pasan en balde". A quen facemos caso? A quen mellor te represente. Iso si, por se acaso, na nosa casa podemos pór en práctica algúns consellos sobre seguridade.
Temos un compromiso permanente coa seguridade dos nosos produtos
Como se desenvolven produtos seguros en IKEA
A seguridade é un punto clave no desenvolvemento dos produtos IKEA para garantir que sexan quen de soportar as esixencias do día a día no fogar. Sometemos todos os nosos artigos a duras probas de estrés e funcionalidade para que goces deles sen preocuparte. Mesmo despois de comezar a vendelos en todas as nosas canles.
A listaxe completa de produtos IKEA retirados do mercado
Ás veces, a pesar de todas as nosas probas e certificacións, descubrimos que un dos nosos produtos vendidos presenta algún perigo potencial. Nese momento, poñemos en marcha toda a maquinaria para retiralo do mercado o máis rapidamente posible. Aquí podes consultar se tes un produto IKEA retirado do mercado e, de ser o caso, indicacións sobre o que podes facer.












