Saltar

Unha ampla e acolledora sala de estar ao aire libre para gozar en compañía

Se non cres no amor a primeira vista, sentimos dicirche que vas namorar desta sala de estar ao aire libre. Grazas á súa versatilidade e o seu estilo atemporal, non haberá plan que se lle resista!

An outdoor space with a NÄMMARÖ 4-seat conversation set, some cushions and several SOLVINDEN LED solar-powered pendant lamps.

Todo listo para ese solpor que termina en sobremesa

Cun espazo tan acolledor, convidar amizades ao fogar é case unha obriga. Prepárate para gozar do solpor dende a comodidade do sofá ou acende unha sobremesa chea de anécdotas para cando caia a noite.

Velaquí a serie NÄMMARÖ
Unha zona exterior amoblada cun sofá modular de esquina de tres prazas NÄMMARÖ, unha alfombra, coxíns coloridos, lámpadas e grilandas luminosas.
Vista lateral dunha mesa de exterior NÄMMARÖ e 6 cadeiras con repousabrazos. Hai vasos, cuncos e unha botella na mesa.
Velaquí a serie NÄMMARÖ

Unha escusa para pasar máis tempo fóra

Tanto se che encanta tomar o sol como se adoras montar grelladas espectaculares, con esta versión exterior da túa sala de estar terás a mesma comodidade e o mesmo estilo que no resto do teu fogar. Podes usar a caixa con tampa para gardares varios coxíns ou mantas suaves para cando refresque, e así non terás que volver entrar.

Velaquí toda a almacenaxe exterior
Un patio cunha alfombra plana LYDERSHOLM en marrón intermedio, un conxunto de catro prazas de exterior NÄMMARÖ, varias lámpadas e un parasol branco.
Velaquí toda a almacenaxe exterior

Dedica algo de tempo para ti

Socializar é xenial, pero tamén cómpre desconectar. A mellor solución é montar un recuncho tranquilo, poñer un pouco de música e gozar dunha bebida ben fresquiña nunha hamaca. Isto si que son vacacións! 

Velaquí todos os parasoles e bases
Un xardín con dúas hamacas NÄMMARÖ cun coxín de raias, varias revistas e unha manta en beixe dourado nelas.
Detalle dun tallo de exterior NÄMMARÖ cunha lámpada con altofalante Bluetooth VAPPEBY, unhas lentes de sol, unha botella e un tarro.
Velaquí todos os parasoles e bases

Un recuncho para gozar todo o ano

Xa viches que esta sala de estar ao aire libre se converterá no teu novo recanto favorito para socializar e relaxarte tanto en verán como en inverno. Visto así, quen querería volver entrar no fogar? 

Velaquí todos os accesorios de exterior
Un patio visto dende dentro cun conxunto de catro prazas de exterior NÄMMARÖ baixo varias lámpadas LED solares de teito SOLVINDEN.
Velaquí todos os accesorios de exterior

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras de terrazas, xardíns e balcóns acolledores