Ilumina a túa vida: deseño de luces para un fogar máis intelixente
Sen dúbida, acender as luces sen erguerse do sofá é marabilloso, mais a iluminación intelixente pode facer moito máis ca iso polo teu fogar e pola túa vida. Só tes que premer un botón para gozar dunhas rutinas máis sinxelas e dunha maior produtividade, e sen ter que recorrer a un electricista.



- Páxina de información do produto
Un recibimento cálido
Vas de camiño á casa, é de noite, estás canso e foi un día moi longo. Que che parecería que as luces xa estivesen acesas para recibirte? Os temporizadores son só unha das funcións intelixentes que ofrece un dispositivo de conexión TRÅDFRI.