Saltar

Ideas de distribución do sofá para ver a televisión e xogar

Buscas a mellor distribución do sofá para ver as túas series favoritas ou xogar á consola con comodidade? Aquí atoparás unha chea de ideas sobre modelos de sofá e como colocalos para tirarlle o máximo partido ao teu espazo de lecer. Ademais, dámosche consellos sobre como as mesas de centro, os mobles de TV e as cadeiras de brazos poden axudarche a conseguir un espazo funcional para ver a televisión, xogar e moito máis.
Dous mobles de TV BESTÅ xunto a unha parede; sobre eles, hai un televisor e cadros. Hai unha lámpada de mesa/parede LED VARMBLIXT nun dos mobles.

Xuntos, pero cada persoa coas súas cousas

Queres ver a televisión, pero os teus compañeiros de piso prefiren botar unha partida. Ou ao revés. Presentámoste un deseño que convence todas as partes O amplo e cómodo sofá de esquina KIVIK é perfecto para ver as túas series favoritas proxectadas no estor dende o proxector situado na mesa de centro JÄTTESTA. Os sitios para gamers son as cadeiras de brazos xiratorias LILLESÄTER. Teñen a opción de ver a pantalla grande xunto ao grupo do sofá ou de xiralas, poñer os auriculares, erguer os pés e xogar na televisión. O moble de TV BESTÅ e as mesas ofrécenche espazo de sobra para mandos, videoconsolas, revistas, etc. E como a mesa auxiliar STOCKHOLM 2025 é tan fácil de mover, ninguén quedará sen probar os aperitivos.

Un deseño que cambia de forma e optimiza o teu espazo

Esta distribución compacta é moi doada de adaptar a diferentes situacións, como cando veñen amizades de improviso. A chave está nos mobles flexibles, como este sofá cama de tres prazas FRIHETEN que cumpre a súa función día e noite. A cadeira de brazos de gaming BRÄNNBOLL ofréceche dúas posibilidades de descanso, xa que o coxín do asento se estende para que poidas estirar as pernas. Como ten rodas, podes poñelo a mirar cara á televisión para vela ou xogar a consola, ou a mirar cara ao sofá para as partidas de xogos de mesa con amizades. Falando de rodas, a mesa auxiliar TINGBY tamén ten. E da televisión e dos aparellos electrónicos encárgase un moble de TV VIHALS.

Mesas que che ofrecen o que precisas e máis

Velaquí máis mesas de centro e auxiliares
Velaquí máis mesas de centro e auxiliares

Unha distribución de sofá acolledora para unha familia nova

Un sofá VIMLE de tres prazas con chaise longue, mol e colocado en fronte da televisión, é ideal para acurruncharse e ver algo en compañía. As fundas pódense lavar á máquina e a chaise longue, perfecta para tombarse, ten ademais espazo para gardar mantas e outros obxectos. O moble de TV KALLAX serve para colocar os aparellos electrónicos e as catro caixas BULLIG de bambú axúdanche a poñer orde no resto das túas cousas. Os xoguetes pódense gardar na caixa de almacenaxe SLÄKT con rodas. E sacalos e recollelos é máis rápido cando os teus pequechos teñen unha caixa TROFAST que os axude. O lugar dos aperitivos e todo o demais é a mesa auxiliar OLSERÖD. Pode pasar con facilidade dunha mesa de centro a unha mesa alta, perfecta para cear mentres ves a televisión.

Para as persoas máis importantes do mundo

Unha distribución multixeneracional cunha sorpresa no centro

Con esta distribución de sofás, ideal para unha familia con membros de varias xeracións, ata sete persoas poden ver a televisión, e moito máis. Os dous sofás EKTORP de tres prazas achegan espazo e comodidade, mentres a avoa senta na súa cadeira de brazos EKTORP favorita, coas súas agullas á man sobre unha mesa KRAGSTA. As dúas mesas de centro VITTERYD axustables inclúen unha grata sorpresa. Ademais de ofrecer espazo de almacenaxe para mandos, revistas e videoconsolas, podes elevar os taboleiros para unha partida de xogos de mesa ou para cear mentres ves a televisión. Os andeis abertos do moble de TV SKRUVBY permítenche acceder con facilidade a todo o que gardes neles. Mesmo podes organizar os obxectos pequenos con caixas e cestas.

Xeitos sinxelos de manter a orde

Velaquí máis cestas e caixas de almacenaxe
Velaquí máis cestas e caixas de almacenaxe