Saltar

Descubre o doado que é elaborar e pendurar as túas propias cortinas!

Dá igual se falamos dun pasatempo, dunha forma de expresión ou dun arranxo para axustar as medidas: elaborar cortinas sempre é sinxelo coas ferramentas e a orientación axeitadas. Aquí indicamos dous modos de facelo, paso a paso. Se segues a segunda opción, nin sequera precisarás unha máquina de coser.
Unha sala de estar con tea precortada RAKLOSTA en branco e azul con lunares brancos, xunto a plantas cheas de vida e un sofá.

Familiarízate coas ferramentas

A primeira opción é algo máis avanzada. É certo que recomendamos que utilices unha máquina de coser, pero poderás conseguir o que te propoñas aínda que o fagas á man. Antes que nada, se usas tea por metros, aconsellámoste que a laves para evitar que encolla ao longo do proceso. Tanto se vas axustar unhas cortinas que xa tes como se vas crear unhas de cero, isto é o que necesitas para comezar.

  • Tea (no noso caso, decantámonos por RAKLOSTA en branco e azul)
  • Máquina de coser
  • Cinta plisada KRONILL
  • Ganchos para cortinas RIKTIG
  • Aneis de cortina SYRLIG
  • Fita métrica
  • Tesoiras
  • Ferro de pasar
  • Fío, alfinetes
Un taboleiro de madeira iluminado polo sol cunha fita de tea precortada RAKLOSTA en branco e azul, e accesorios de costura esparexidos.

Familiarízate coas ferramentas

A primeira opción é algo máis avanzada. É certo que recomendamos que utilices unha máquina de coser, pero poderás conseguir o que te propoñas aínda que o fagas á man. Antes que nada, se usas tea por metros, aconsellámoste que a laves para evitar que encolla ao longo do proceso. Tanto se vas axustar unhas cortinas que xa tes como se vas crear unhas de cero, isto é o que necesitas para comezar.

  • Tea (no noso caso, decantámonos por RAKLOSTA en branco e azul)
  • Máquina de coser
  • Cinta plisada KRONILL
  • Ganchos para cortinas RIKTIG
  • Aneis de cortina SYRLIG
  • Fita métrica
  • Tesoiras
  • Ferro de pasar
  • Fío, alfinetes

Mide dúas veces e corta unha

Xa o mediches todo? Reparaches nas dobres dobras e comprobaches que teña a lonxitude que buscas? Xenial! O certo é que medir todo con detalle é a mellor forma de evitar que xurdan problemas máis adiante.
Un par de mans coas unllas pintadas suxeitan unha fita métrica sobre a tea precortada RAKLOSTA en branco e azul con lunares.

Mide dúas veces e corta unha

Xa o mediches todo? Reparaches nas dobres dobras e comprobaches que teña a lonxitude que buscas? Xenial! O certo é que medir todo con detalle é a mellor forma de evitar que xurdan problemas máis adiante.

Dobre dobra para conseguir un bordo ideal

Prega dúas veces os bordos laterais e pásalles o ferro para conseguir un acabado perfecto.
Unha man coas unllas pintadas de vermello aperta a basta dunha tea precortada RAKLOSTA en branco e azul cun ferro de pasar de vapor.

Dobre dobra para conseguir un bordo ideal

Prega dúas veces os bordos laterais e pásalles o ferro para conseguir un acabado perfecto.

Utiliza os alfinetes e cose a parte superior da cortina

Aliña a cinta plisada KRONILL co bordo superior, utiliza os alfinetes para fixala e cose os laterais.
Cinta plisada KRONILL suxeitada con alfinetes mentres se cose cunha máquina de coser; as puntadas da tea aprécianse con moito detalle.

Utiliza os alfinetes e cose a parte superior da cortina

Aliña a cinta plisada KRONILL co bordo superior, utiliza os alfinetes para fixala e cose os laterais.

Introduce os ganchos para cortinas

Distribúe e asegura os ganchos para cortinas RIKTIG de xeito uniforme ao longo da cinta plisada. Canto menor sexa a distancia entre cada un, menor será o plisado cando coloques as cortinas.
Unha man coas unllas pintadas fixa uns ganchos para cortinas RIKTIG a unha cinta plisada KRONILL, que está fixada ao bordo dunha cortina.

Introduce os ganchos para cortinas

Distribúe e asegura os ganchos para cortinas RIKTIG de xeito uniforme ao longo da cinta plisada. Canto menor sexa a distancia entre cada un, menor será o plisado cando coloques as cortinas.

Pendura as cortinas e presume delas

Xa está! Engancha a tea á barra ou a guía —para facelo, aquí empregamos uns aneis de cortina SYRLIG e unha barra montada na parede—, dá un paso atrás e contempla as túas cortinas artesanais.
Unha sala de estar cunha persoa con roupa de cores claras abre unhas cortinas brancas e azuis con lunares. No exterior, vese vexetación.

Pendura as cortinas e presume delas

Xa está! Engancha a tea á barra ou a guía —para facelo, aquí empregamos uns aneis de cortina SYRLIG e unha barra montada na parede—, dá un paso atrás e contempla as túas cortinas artesanais.

Alternativa

Non tes máquina de coser? Non hai problema. Coa fita adhesiva para bastas rápidas SY, podes conseguir dobras con rapidez, de forma limpa e sen necesidade de coser. Resulta ideal para teas lixeiras, cambios de imaxe rápidos ou solucións temporais. Só tes que pegar a fita adhesiva, facer as dobras e usar o ferro de pasar!
Un ferro de pasar preme unha fita adhesiva SY colocada na basta dunha tea precortada RAKLOSTA en branco e azul.

Alternativa

Non tes máquina de coser? Non hai problema. Coa fita adhesiva para bastas rápidas SY, podes conseguir dobras con rapidez, de forma limpa e sen necesidade de coser. Resulta ideal para teas lixeiras, cambios de imaxe rápidos ou solucións temporais. Só tes que pegar a fita adhesiva, facer as dobras e usar o ferro de pasar!

Xa están aquí os resultados

Iso é todo? Efectivamente! Unha vez que acabes coas dobras, os aneis de cortina SYRLIG ocuparanse do resto. Pendúraos, fíxaos á tea e goza das vistas. Mesmo semella que estás a sorrir, e todo.
Un par de mans coas unllas pintadas penduran unha cortina, elaborada con tea precortada RAKLOSTA, dunha barra; para facelo, utilizan aneis de cortina SYRLIG.