Saltar

Vas deseñar unha sala de estar? Aquí tes unha para ti, as túas amizades e a túa mascota!

Nesta sala de estar tranquila e moderna, cada detalle elixiuse pensando nunha parella amante da vida social e o seu gran can agarimoso. O centro do cuarto é un sofá grande, con moito espazo para os convidados. Tamén é ideal para esas noites de relax mentres ves a televisión ou para quedar en liña co teu grupo de gamers. Conta con solucións de almacenaxe organizadas para exhibir os teus obxectos favoritos e agochar o resto, iluminación intelixente para cambiar de ambiente nun instante e unha visión artística para os detalles decorativos. 

Unha mesa de centro TRANERED diante dun sofá modular UPPÅKRA de 4,5 prazas, preto dunha combinación de almacenaxe BESTÅ con portas de vidro.

Un lugar para que todas as persoas poidan relaxarse

Neste enorme sofá modular UPPÅKRA de 4,5 prazas, hai espazo de sobra para que familiares e amizades se relaxen como nunca. Ademais, é supercómodo, xa que inclúe láminas de chapa de madeira encoladas por capas baixo os coxíns, semellantes ás do somier dunha cama. Os coxíns presentan un núcleo de resortes ensacados para que manteñan a súa forma e comodidade durante anos. Grazas ás fundas extraíbles e lavables á máquina, sempre estará impecable. E, se queres personalizalo ou cambiar de aires, podes engadir varios coxíns máis. A cama para can UTSÅDD, que tamén ten fundas lavables á máquina, dálle ao teu mellor amigo un lugar acolledor. 

Que ensino e que gardo?

Queres presumir dos teus obxectos favoritos e ter todo o demais recollido e fóra da vista? Estes dous mobles de TV BESTÅ ofrécenche espazo para expoñer as túas cousas na parte superior e espazo de almacenaxe nun caixón e en andeis con portas. Tamén contan con saídas para cables na parte traseira, polo que é doado mantelos controlados. E coa combinación de almacenaxe BESTÅ coordinada, podes exhibir as túas posesións máis prezadas tras portas de vidro que as protexen do po, ao mesmo tempo que agochas o resto. 

Unha mesa de centro cun taboleiro amplo e almacenaxe oculta

Tanto se che gusta pasar o tempo con amizades no sofá como se preferides xogar xuntos en liña, esta mesa de centro TRANERED é para ti. A parte superior ofrece espazo de sobra e ten un bordo elevado para evitar que as olivas escorregadizas acaben no chan. Debaixo, ten dous compartimentos para gardar consolas e mandos, para que non estean á vista, pero si á man. 

Un lugar práctico para o móbil e moito máis

Quizais, ás veces non che apetece nada ter que estirar o brazo ata a mesa de centro para coller o móbil ou os flocos de millo. Para iso, esta bandexa para repousabrazos TRANERED é perfecta. Pódese axustar para adaptarse a repousabrazos de distintas anchuras e pódese virar en dúas direccións. 

Unha bandexa para repousabrazos TRANERED con aperitivos e un vaso, sobre o repousabrazos dun sofá modular UPPÅKRA de 4,5 prazas en azul agrisado escuro.

Un lugar práctico para o móbil e moito máis

Quizais, ás veces non che apetece nada ter que estirar o brazo ata a mesa de centro para coller o móbil ou os flocos de millo. Para iso, esta bandexa para repousabrazos TRANERED é perfecta. Pódese axustar para adaptarse a repousabrazos de distintas anchuras e pódese virar en dúas direccións. 

Un xeito sinxelo de tirarlle máis partido ao teu fogar

Cun sofá tan cómodo coma este UPPÅKRA de 4,5 prazas, non quererás erguerte nin para apagar a luz. Por sorte, IKEA Home smart permíteche facelo cun mando a distancia. E se, por riba diso, tes a plataforma de produtos conectados DIRIGERA, o corazón do noso fogar intelixente, podes usar a aplicación para gozar de moitas máis funcións. Por exemplo, podes crear "escenas"; é dicir, combinacións de luces que che ofrecen diferentes efectos e que se gardan na aplicación. Con elas, podes cambiar de atmosfera nun instante. Quizais che interese ter unha escena moi acolledora para as noites de relax e outra que asolague o teu fogar dunha luz cálida xusto antes de chegar do traballo.