Saltar

Unha vida máis sinxela e un uso eficiente do espazo nunha sala de estar contemporánea

Dende xogos entretidos ata comidas familiares, este núcleo multifuncional do fogar pode incluso ocuparse dos convidados que quedan a durmir sen perder o ritmo.

Unha sala de estar colorida cun sofá cama ÄLVDALEN, un estante KALLAX branco que divide a estancia, plantas e adornos.
Unha sala de estar colorida cun sofá cama ÄLVDALEN, un estante KALLAX branco que divide a estancia, plantas e adornos.

Que todo vaia sobre rodas

Nun espazo reducido, as estratexias para aforrar espazo son cruciais. Un exemplo sería unha mesa auxiliar con rodas que se adapta rapidamente á localización e ao contido, pero que, á vez, serve de mesa de noite para os convidados que queden a durmir ou de soporte onde colocar xogos e aperitivos. Necesitas quitala do medio para contar con máis espazo no chan? Feito!

Velaquí todas as mesas auxiliares
Unha mesa auxiliar con rodas TINGBY con flocos de millo e accesorios de xogo, colocada enriba dunha alfombra KLASSRUM nunha estancia iluminada polo sol.
Velaquí todas as mesas auxiliares

A túa televisión como no cine

Ademais de conseguir un ambiente de cine cando vexas a televisión, agochar a pantalla detrás dunha tea cando non a uses é un xeito doado de darlle un toque apracible ao cuarto. Por non mencionar a cor.

Velaquí todas as teas e accesorios de costura
Anacos de teas FJÄLLDRABA e FLUGBLOMSTER de cores vivas que cobren unha parede e ocultan parcialmente unha televisión montada sobre un moble de TV TULLSTORP.
Velaquí todas as teas e accesorios de costura

Un fogar para cada pequeno obxecto

Queres poñer a pantalla enriba? A este moble de TV tanto lle ten. Pode con todo, dende dispositivos electrónicos ata adornos. Como o espazo de almacenaxe é moi prezado, apostar polo vertical é outra estratexia útil. Observa como estes mobles de almacenaxe EKET manteñen as cousas de todos baixo control, ao tempo que achegan dinamismo a este recanto de descanso.

Velaquí todas as solucións de almacenaxe e organizadores pequenos
Un anaco de tea FLUGBLOMSTER que cobre parcialmente unha televisión montada sobre un moble de TV TULLSTORP con caixas dentro e adornos enriba.
Unha cadeira de brazos EKERÖ amarela nun recuncho, onde hai tres mobles de almacenaxe EKET montados en vertical, principalmente, con libros.
Velaquí todas as solucións de almacenaxe e organizadores pequenos

Pídome o recantiño

Ademais de gozar de momentos en compañía, tamén é unha grande idea pasar tempo a soas. Xa sabes: un asento cómodo, unha lámpada, un estante con libros, espellos rechamantes, iluminación ambiental, un puf para os pés, todo o necesario. Chega primeiro ou fai a cola.

Velaquí todos os repousapés e pufs
Un colorido recanto cun estante de parede LACK en negro-marrón con libros, un sofá cama ÄLVDALEN e un puf EMMISLÖV amarelo.
Velaquí todos os repousapés e pufs

Unha parede ateigada de opcións

Aínda que poida non parecelo, dividir un cuarto en espazos máis pequenos axuda a crear unha sensación de amplitude. Nada o consegue mellor que un estante KALLAX. Este separador de ambientes de dúas caras permíteche unir comodidade e estética nunha fantástica combinación de almacenaxe e exhibición.

Velaquí todos os estantes KALLAX
Un estante KALLAX con solucións de almacenaxe e adornos que actúa como separador de ambientes entre unha zona de comedor e unha sala de estar.
Velaquí todos os estantes KALLAX

Mira o que temos aquí!

Canto máis pequeno sexa o espazo, máis importantes son as solucións de almacenaxe. Por iso, a gran profundidade do sofá cama ÄLVDALEN virache de marabilla. Nos seus amplos compartimentos ocultos poderás gardar roupa de cama, artigos téxtiles e moito máis.

Velaquí todos os sofás cama
Unha secuencia de imaxes que amosa como unha persoa saca a parte superior dun sofá cama ÄLVDALEN deixando ver roupa de cama colorida no seu interior.
Velaquí todos os sofás cama

Unha cama dobre nun santiamén

Cando non hai espazo para un cuarto de convidados, un sofá cama ÄLVDALEN pode ser unha excelente solución. Transforma a túa sala de estar nun cuarto de convidados nun intre e, pola mañá, terala de volta.

Velaquí toda a roupa de cama
Un cuarto con luz tenue onde hai un sofá cama ÄLVDALEN con roupa de cama MAJSMOTT. Cerca hai unha mesa auxiliar TINGBY cunha lámpada NÖDMAST enriba.
Velaquí toda a roupa de cama

Unha estancia que integra flexibilidade, funcionalidade e diversión

Esta sala de estar está chea de actividade, como a ti che gusta Os detalles persoais e a orixinal combinación de cores fan que sexa moi acolledora, mentres que os mobles flexibles permiten que se adapte ás diferentes actividades durante o día, ou a noite, se tes convidados.

Velaquí todas as lámpadas
Unha sala de estar colorida con alfombras KLASSRUM, un sofá cama ÄLVDALEN, unha mesa auxiliar TINGBY, unha cadeira de brazos EKERÖ e moitos adornos.
Velaquí todas as lámpadas