Saltar

Unha sala de estar fermosa con estilo vintage

Comodidade suave, veludo e moito encanto, esta sorprendente sala de estar teno todo. O bo é que non se limita ao estilo só, está chea de pezas de artesanía e organizada para dar á familia todo o espazo que precisan.

Unha sala de estar de estilo vintage cun sofá LANDSKRONA de veludo verde, dúas cadeiras de brazos e dous repousapés derredor dunha mesa de centro.
Unha sala de estar de estilo vintage cun sofá LANDSKRONA de veludo verde, dúas cadeiras de brazos e dous repousapés derredor dunha mesa de centro.

A comodidade vén en veludo verde

Coa súa funda de veludo verde intenso e estilo clásico, este sofá está destinado a ser a estrela sen rival da túa sala de estar. Dálle o teu toque persoal poñéndolle os coxíns que máis che gustan e reláxate só ou en compañía dos teus seres queridos.

Velaquí todos os sofás
Un sofá LANDSKRONA de veludo verde cun coxín rosa e unha planta alta detrás, contra unha parede gris escura con fotografías.
Velaquí todos os sofás

Almacenaxe personalizada para todas as túas cousas

Esta combinación de almacenaxe permitirache aproveitar ao máximo e de moitas maneiras distintas as túas paredes. Hai cousas que queres resaltar? Pois integra luz sobre a almacenaxe aberta para atraer a atención sobre esa parte. Mantén fóra da vista os libros, pequenos aparatos tecnolóxicos e material escolar detrás destas elegantes frontes de madeira.

Velaquí o sistema de almacenaxe BESTÅ
Unha combinación de almacenaxe BESTÅ de cor marrón e negro, con dúas columnas de almacenaxe fechada e outras dúas abertas con cestos e caixas.
Velaquí o sistema de almacenaxe BESTÅ

Sentar con estilo

Esta rechamante cadeira verde ten unha forma redondeada, moi acaída para acompañar calquera mesa. Podes sumarlle un coxín co que estarás máis cómodo mentres traballas ou mentres estás de parolada cos amigos.

Velaquí todas as cadeiras
Seis cadeiras ODGER verdes para o comedor, con coxíns marróns rodeando unha mesa MÖRBYLÅNGA con dúas lámpadas de teito por riba.
Velaquí todas as cadeiras

Axuda para o comedor

Cómpreche máis espazo para gardar as cousas do comedor? Este aparador está pensado para gardares nel os xogos de mesa. Inclúe unhas fermosas portas sen tiradores e un acabado que combinan á perfección coa mesa do comedor.

Velaquí todos os aparadores e todas as consolas
Un aparador KLACKENÄS cun espello e decoracións de madeira na parede, unha lámpada enriba deste, xunto a unha mesa de comedor.
Velaquí todos os aparadores e todas as consolas

Unha follaxe fantástica

Queres darlle unha volta aos teus interiores? Pois proba a poñer unhas plantas na sala de estar: son moi boas para o benestar e para axudar a crear unha atmosfera sosegada. Este soporte permíteche subilas un pouco máis alto de xeito que reciban o sol que precisan.

Velaquí todos os soportes e xardineiras con rodas
Un testo OLIVBLAD negro diante dunha xanela con tres plantas enriba e unha planta grande enriba dun testo no chan.
Velaquí todos os soportes e xardineiras con rodas