Unha sala de estar en movemento: O IKEA de sempre cun estilo contemporáneo
Adéntrate neste fogar moderno dunha familia con fillos pequenos en tons cálidos. A sala de estar, equipada con mobles accesibles, é capaz de facerlles fronte a todos os aspectos do día a día, tanto agora como nos anos vindeiros. A forma e a función combínanse para fomentar a unión, a almacenaxe e solucións flexibles que sexan compatibles coa diversión e os retos que se presenten.

Un sistema de almacenaxe que merece ser o foco de atención
Imos repasar todo o que buscas nun estante: capacidade para unha chea de cousas, compartimentos para agochar o que non queres que se vexa e superficies para expoñer o que si, e un moble que combine co estilo do cuarto ou que o complemente. Pois LÅDMAKARE ofrece iso e moito máis. Por exemplo, a liberdade de colocar (e recolocar) ao teu gusto os elegantes armarios con portas corredías. E, para darlle o toque final, podes usar a iluminación de armario YTBERG; así, contarás coa compañeira de madeira clara ideal para a sala de estar e, quizais, para ti tamén.
Un sofá no que descansar os pés, desconectar e sorrir
Pode que a vida con nenos pequenos non sexa a máis relaxante, así que non o esquezas se están en camiño. Aquí, o sofá e a cadeira de brazos SALTSJÖBADEN axúdanche a acurruncharte nunha comodidade mol nun abrir e cerrar de ollos. Combinan á perfección tons claros e detalles de madeira, e permiten descansar as pernas mentres mantés vixiado o resto do cuarto. E, se ocorrese algún accidente ―ou se, simplemente, precisases unha boa dose de cor―, as fundas poden lavarse e intercambiarse con facilidade.
Mesas que convidan a sentar ao seu redor
Bótalles unha ollada ás bases das mesas de centro e auxiliares BORGEBY. Pode que pareza que o andel con bordo alto non achega nada, pero todo o contrario. Os xoguetes, a cesta de costura, os libros e moitas outras cousas encaixan nel sen problemas, o que crea unha calma visual e fai que cada cousa estea controlada. Fíxate tamén nas formas arredondadas (sen esquinas afiadas contra as que chocar) e o discreto bordo da parte superior; isto achega personalidade e evita que os obxectos pequenos caian.
Con asentos e mesas, este espazo está máis que preparado para leriar, gozar dun fika e pasar horas de diversión con xogos de mesa, ou simplemente para recostarse nunha cadeira de brazos do tamaño indicado e desconectar en compañía.
Quen di que non podes ter unha cociña na sala de estar?
E cando pensabas que esta sala de estar non podía ser máis completa..., vas e descobres este adorable restaurante á carta nun recanto! Grazas á minicociña de xoguete STENMUS, non fai falla moito espazo para crear un espazo infantil con todos os utensilios necesarios. Como todo está conectado, os máis pequechos poderán xogar como prefiran. Sempre e cando non estean atarefados mentres lles preparan a comida aos seus pais, claro.
Observa como se despregan os teus proxectos de futuro
Parece modesta ao colocala xunto a unha parede, pero en canto esta mesa que aproveita moi ben o espazo desprega as súas ás, as cousas cambian. A mesa abatible RESARÖ é o complemento ideal para as actividades que realizamos de xeito intermitente. Aquí, é un punto multifuncional, inspirador e accesible para facer traballos manuais. Móvea, desprégaa, saca os tallos KYRRE e ponte a traballar. Ademais, é de grande utilidade se non queres afastarte moito dos máis pequechos mentres xogan no seu recanto.













































































