Saltar

Unha sala de estar acolledora e flexible para toda a familia

Presentámosche unha sala de estar de estilo tradicional que se adapta a toda a familia durante todo o día. Hai espazo para xogar e relaxarse, así como suficiente espazo de almacenaxe tanto para gardar os xoguetes como para presumir das túas coleccións favoritas. É unha estancia que axuda a os nenos seren nenos, os adultos relaxárense e todos os membros da familia pasaren tempo xuntos. 

Dous sofás HYLTARP diante dunha cadeira de brazos e repousapés STRANDMON sobre unha alfombra RÅVAROR de la nunha sala de estar flexible.

Un espazo para comodidade de todos

Estes cómodos sofás HYLTARP teñen espazo para toda a familia e tamén para os convidados. E cando falamos de convidados, estamos a falar tamén dos que quedan a pasar a noite, xa que o sofá cama de 2 prazas é moi cómodo para sentar e para durmir. As fundas tamén transmiten tranquilidade e sosego, xa que son extraíbles e pódense lavar á máquina, para que así non teñas que preocuparte das manchas. E se lle sumas un par de coxíns e mantas para potenciar o ambiente acolledor e darlle un estilo máis persoal? 

Explora a serie HYLTARP
Dous sofás HYLTARP con moitos coxíns adicionais a carón dunha mesa de centro STOCKHOLM 2025 en marrón escuro sobre unha alfombra RÅVAROR
Explora a serie HYLTARP

Un sofá HYLTARP cunha manta de cadros e varios coxíns, incluído un cunha funda de coxín TRATTKAKTUS de varias cores.
Un sofá cama HYLTARP coa cama aberta e roupa de cama BRUDKRUSBÄR diante dunhas combinacións de almacenaxe HAVSTA.

Presume do que che gusta e garda o resto

Velaquí che presentamos unha estupenda forma de ter as túas cousas favoritas á vista, mais cun cristal que as protexa do po, e de gardar o resto detrás das portas de madeira para telo todo en orde. Estas combinacións de almacenaxe HAVSTA de madeira de piñeiro e vidro, inspiradas na artesanía atemporal escandinava, transmiten un encanto tradicional e rústico. Pon varias caixas dentro para organizar as cousas máis pequenas e que che resulte máis doado sacalas e metelas de novo.

Velaquí máis armarios e vitrinas
Varias combinacións de almacenaxe HAVSTA brancas con portas de vidro apoiadas nunha parede, detrás dun sofá cama HYLTARP en marrón cincento.
Varios focos LED STRIMSÄV montados dentro de varias combinacións de almacenaxe HAVSTA con portas de vidro e moitos obxectos nos andeis.
Velaquí máis armarios e vitrinas

Unha caixa BARNDRÖM con xoguetes dentro e un tren de xoguete no chan, diante dunha combinación de almacenaxe HAVSTA cunha porta aberta.

Tempo a soas nun espazo compartido

Crea un espazo de teu e pasa un tempo a soas con esta cómoda cadeira de brazos STRANDMON, con apoio para o pescozo. Combínao co repousapés a xogo, unha lámpada de pé KLÖVING e unha mesa auxiliar STOCKHOLM 2025. Porén, se somos sinceros, probablemente acabarás compartindo a cadeira de brazos cos cativos ás veces. Estas fundas extraíbles STRANDMON, con raias beixes sobre un fondo azul, danlle un aire tradicional á estancia e son fáciles de quitar e lavar na lavadora.

Velaquí máis cadeiras de brazos
Unha lámpada de pé KLÖVING a carón dunha cadeira de brazos e un repousapés STRANDMON con fundas extraíbles cun estampado de raias en beixe/azul escuro.
Un coello de xoguete apoiado nun coxín sobre unha cadeira de brazos STRANDMON cunha funda extraíble de raias en beixe/azul escuro.
Velaquí máis cadeiras de brazos

O corazón dunha estancia pensada para xogar

Nesta estancia, pensada para cativos e adultos, pódese xogar en calquera recuncho. Por iso, resulta moi práctico contar cun tallo infantil FLISAT, fácil de mover, e unha caixa BARNDRÖM para transportar os xoguetes. Unha funda para tallo SKOGSDUVA trae consigo comodidade e converte un simple asento nun fantástico cogomelo xigante. A alfombra de la RÅVAROR, tecida á man, contribúe ao estilo tradicional e permite que os incansables construtores de vías de tren descansen os xeonllos mentres traballan arreo para que o expreso de Estocolmo chegue a tempo ao seu destino. E, abofé, o seu destino é a mesa de centro STOCKHOLM 2025.

Ver máis alfombras feitas á man
Unha mesa de centro STOCKHOLM 2025, xoguetes e un tallo infantil FLISAT con funda enriba dunha alfombra RÅVAROR nunha sala de estar.
Ver máis alfombras feitas á man

Unha sala de estar versátil cunha faceta máis apracible

Pola noite, após unha xornada de xogo e outras actividades en familia, o dormitorio convértese nun espazo relaxado só para os pais. Os xoguetes están gardados en caixas detrás das portas de piñeiro da combinación de almacenaxe HAVSTA, as lámpadas emiten unha luz acolledora e o sofá HYLTARP é o sitio perfecto para acougar un chisco, se callar coa axuda dun repousapés STRANDMON.

Velaquí máis lámpadas
Unha lámpada de teito BLÅSTÅNG pendurada dunha sala de estar con dous sofás HYLTARP en marrón cincento e unha mesa de centro STOCKHOLM 2025.
Velaquí máis lámpadas

Tres candelabros FULLTALIG con candeas acesas sobre unha mesa de centro STOCKHOLM 2025 en marrón escuro preto dun sofá HYLTARP.