Unha sala de estar aberta para pasar bos momentos en familia
Presentámoste unha sala de estar moderna, ideal para pasar momentos agradables en familia e para que os pais e as nais se relaxen cando os pequechos estean na cama. Deseñouse para xogar, dedicarse a afeccións ou, simplemente, ver a televisión cos teus seres queridos. Forma parte dun piso de concepto aberto, así que a familia sempre está conectada, mesmo cando a metade está no sofá a elixir a película e a outra metade, na cociña a preparar os petiscos.

Unha zona acolledora para compartir en familia
Cun amplo sofá UPPÅKRA e unha alfombra/caixa de almacenaxe GREJSIMOJS despregada no chan, esta zona é perfecta para gozar de momentos entrañables en familia mentres xogades ou vedes a televisión. O sofá é moi cómodo grazas ao núcleo de resortes ensacados nos coxíns dos asentos, que fan que manteñan a súa forma e comodidade durante anos. Ademais, as fundas pódense lavar á máquina para que estean sempre como novas. Xunto ao sofá, un armario TONSTAD de chapa de carballo con portas corredías de vidro ofréceche un lugar para gardar o que queiras e presumir dos teus obxectos favoritos, a salvo do po.
A túa propia combinación de almacenaxe e exposición
Os mobles de TV TONSTAD e os armarios EKET, dispostos na parede ao teu gusto, forman unha combinación fantástica. Presume dos teus obxectos favoritos nas vitrinas e agocha o resto tras as portas corredías dos mobles de TV. Con caixas infantís IKEA como esta de reixa da serie TROFAST, resultaralles máis doado sacar e gardar os xoguetes sen axuda. Ademais, os altofalantes Bluetooth SOLSKYDD soan de marabilla e pódense conectar ao televisor.

Un recanto acolledor só para ti
Por que non te dás o capricho de ter o teu propio recanto de lectura na sala de estar? A nosa proposta inclúe unha cómoda cadeira de brazos xiratoria DYVLINGE, unha mesa auxiliar STOCKHOLM 2025 con rodas para deixar o libro ou a revista, e unha lámpada MOSSPLYM que che permite dirixir a luz cara á páxina que estás a ler. A cortina STENFRÖ e un par de cortinas SKOGSNÄSSLA con estampado de flores atenúan a luz do sol, evitan os reflexos no televisor e aumentan a túa privacidade.

Un espazo de actividades para compartir en familia
Queres ter un espazo para as túas afeccións ou para xestionar os teus gastos? Nese caso, un par de escritorios estreitos TONSTAD danche o que precisas sen estorbar. A cadeira xiratoria KRYLBO, cun deseño acolchado e asento de altura regulable, resultarache moi cómoda. O moble de caixóns TONSTAD coordinado con rodas ofréceche un espazo de almacenaxe que podes sacar cando o precises. Cos pequechos a debuxar ou facer os deberes na mesa de comedor do lado, podes crear unha zona de actividades que fomente a unión familiar.

Tempo de calidade e conexión
É moi doado pasalo ben en familia cunha sala de estar aberta que conecta co resto do fogar. Cun cómodo e amplo sofá UPPÅKRA como peza central, e mais un carriño NISSAFORS para traer os petiscos da noite de cine directamente dende a cociña, é un lugar que vos encantará compartir.