Unha sala de estar aberta para pasar bos momentos en familia
Presentámoste unha sala de estar moderna, ideal para pasar momentos agradables en familia e para que os pais e as nais se relaxen cando os pequechos estean na cama. Deseñouse para xogar, dedicarse a afeccións ou, simplemente, ver a televisión cos teus seres queridos. Forma parte dun piso de concepto aberto, así que a familia sempre está conectada, mesmo cando a metade está no sofá a elixir a película e a outra metade, na cociña a preparar os petiscos.

Prepara a atmosfera para estar xuntos
Cun amplo sofá UPPÅKRA e dous mobles de TV TONSTAD para gardar xoguetes, xogos de mesa e aparellos electrónicos, xa case o tes todo para gozar doutra noite de peli e manta en familia, ou dunha sesión de videoxogos. Só faltan os aperitivos, que chegan deseguida no carriño NISSAFORS con rodas dende a cociña. O sofá é moi cómodo grazas ao núcleo de resortes ensacados nos coxíns dos asentos, que fan que manteñan a súa forma e comodidade durante anos. Ademais, as fundas pódense lavar á máquina para que estean sempre como novas. Lembra isto cando alguén derrame a bebida.
Crea as túas propias combinacións de almacenaxe e exposición
Os mobles de TV TONSTAD e os armarios EKET, dispostos na parede ao teu gusto, forman unha combinación fantástica. Presume dos teus obxectos favoritos nas vitrinas e agocha o resto tras as portas corredías dos mobles de TV. E se apostas por un conxunto totalmente TONSTAD? A libraría alta ofréceche unha morea de andeis abertos de fácil acceso, mentres que as portas corredías de vidro de armario che permiten exhibir o que máis che gusta sen que colla po.
Da granxa de dinosauros á mesa de centro nun santiamén
Aos teus pequechos ás veces lles parece que tardan o mesmo en recoller que en xogar? Con caixas como esta de reixa da serie TROFAST, resultaralles máis doado sacar e gardar os xoguetes sen axuda. E, xa que a vida familiar está chea de dedos pegañentos e algún que outro golpe, esta mesa de centro TONSTAD, cunha superficie de chapa de carballo duradeira, resistente ás máculas, doada de limpar e con esquinas arredondadas, é perfecta.

Un recanto acolledor só para ti
Por que non te dás o capricho de ter o teu propio recanto de lectura? A nosa proposta inclúe unha cómoda cadeira de brazos xiratoria DYVLINGE, unha mesa auxiliar STOCKHOLM 2025 con rodas para ter as bebidas á man e unha lámpada MOSSPLYM que che permite dirixir a luz cara á páxina que estás a ler. A mesa de centro TONSTAD conta con dous caixóns, polo que ofrece espazo dabondo para libros ou revistas. A cortina STENFRÖ e un par de cortinas SKOGSNÄSSLA con estampado de flores atenúan a luz do sol, evitan os reflexos no televisor e aumentan a túa privacidade.

Un espazo de actividades para compartir en familia
Queres ter un espazo para as túas afeccións ou para xestionar os teus gastos? Nese caso, o escritorio estreito TONSTAD dáche o que precisas sen estorbar. A cadeira xiratoria KRYLBO, cun deseño acolchado e asento de altura regulable, resultarache moi cómoda. O moble de caixóns TONSTAD coordinado ofréceche espazo de almacenaxe e, como ten rodas, pódelo meter debaixo do escritorio cando non o esteas a usar. Cos pequechos a debuxar ou facer os deberes na mesa de comedor do lado, podes crear unha zona de actividades que fomente a unión familiar.

Tempo de calidade e conexión
É moi doado pasalo ben en familia cunha sala de estar aberta que conecta co resto do fogar. Cun cómodo e amplo sofá UPPÅKRA como peza central e todas as solucións de almacenaxe TONSTAD para gardar o que precisa a familia, é un lugar que vos encantará compartir.