Saltar

Unha guía para uns caixóns de cociña en orde

Se a cociña é unha parte indispensable do fogar, os caixóns de cociña son unha parte indispensable da cociña. Con esta guía atoparás a mellor solución para os teus caixóns e as túas necesidades.

Un caixón de cociña aberto cunha fronte negra que deixa ver os utensilios de cociña gardados nunha bandexa de cubertos UPPDATERA en bambú claro.
Un caixón de cociña aberto cunha fronte negra que deixa ver os utensilios de cociña gardados nunha bandexa de cubertos UPPDATERA en bambú claro.

O complemento perfecto para calquera caixón de cociña

Os organizadores de interior flexibles UPPDATERA non só che permiten manter os caixóns en orde, tamén coidan dos cubertos e evitan que o caixón sufra rabuñaduras ou outros danos. Deseñados especialmente para os caixóns MAXIMERA e EXCEPTIONELL, os pés de plástico baixo as bandexas garanten que as bandexas non se movan en caixóns de todos os tamaños.

Velaquí a serie UPPDATERA
Un caixón de cociña cunha fronte VOXTORP aberta que deixa ver unha bandexa de cubertos UPPDATERA e varios coitelos.
Velaquí a serie UPPDATERA

Branco clásico ou bambú claro?

Se queres engadir un toque cálido e natural á cociña, os organizadores de interior UPPDATERA de bambú claro poden ser a opción ideal. Se porén estás a buscar un estilo elegante e máis tradicional, elixe mellor os brancos feitos de plástico reciclado.

Un caixón de cociña aberto que deixa ver cubertos de aceiro inoxidable nunha bandexa de cubertos UPPDATERA e outros utensilios.
Un caixón de cociña aberto no que hai cubertos e coitelos organizados nunhas bandexas de cubertos e coitelos UPPDATERA de bambú claro.

Solucións para caixóns de 60 cm

Uns caixóns pequenos non teñen por que limitar as túas opcións. Para un caixón de cociña de 60 cm, podes crear a solución perfecta con facilidade combinando unha bandexa de cubertos de 32 cm e unha bandexa de utensilios ou un soporte para coitelos. Tamén podes deixar ese espazo baleiro para colocar cousas máis grandes.

Velaquí a serie UPPDATERA
Un caixón de cociña aberto no que hai cubertos e coitelos de aceiro inoxidable en bandexas de cubertos e coitelos UPPDATERA de bambú claro.
Velaquí a serie UPPDATERA

Solucións para caixóns de 80 cm

Para os caixóns de maior tamaño hai máis opcións. Se tes moitos cubertos e utensilios máis pequenos, é boa idea usar a bandexa de cubertos de 52 cm e engadir un soporte para coitelos para mantelos afiados e en bo estado (e para evitar accidentes). Se prefires ter as túas especias favoritas á man, a bandexa de cubertos de 32 cm queda ben cun soporte para coitelos e un estante para especias.

Velaquí a serie UPPDATERA
Un caixón de cociña aberto no que hai cubertos, un pano de cociña, coitelos e condimentos en organizadores de interior UPPDATERA.
Velaquí a serie UPPDATERA