Saltar

Unha cociña modular pequena para creadores de contido

Transforma unha cociña modular diminuta nunha cociña marabillosa chea de solucións de almacenaxe prácticas. Para youtubers e bloggers de gastronomía que traballan en espazos limitados, unha cociña pequena e ben organizada é un espazo de traballo profesional onde sucede a maxia.

Un vídeo que amosa a unha persoa preparando comida e, despois, colocándoa con coidado nun prato presentado de forma elegante.

Grandes ideas para unha cociña pequena

Converte a túa cociña compacta nun espazo que fomente a creatividade. Unha cociña modular pequena, como ÄSPINGE, pode ser a base perfecta para emprender aventuras culinarias. Pensa nela como unha receita básica á que só tes que engadir uns toques persoais para adaptala ao teu espazo e estilo.

Unha persoa nunha illa de cociña facendo fotos da comida que hai nun prato. Unha cociña modular ÄSPINGE á beira dunha parede verde de fondo.

Unha cociña modular pequena e doada de transportar

A cociña modular ÄSPINGE ofréceche comodidade e funcionalidade nun paquete compacto. Podes mercala e montala no mesmo día, así que fará a túa vida moito máis fácil. É unha zona de traballo versátil con espazo para unha placa de indución, un armario pechado para ocultar o microondas, andeis abertos para acceder doadamente ás especias e deixar o móbil, ganchos para pendurar utensilios e bandexas de cubertos para manter os caixóns ordenados. Perfecta para crear unha cociña na que todo estea ao teu alcance.

Unha cociña modular ÄSPINGE con utensilios, especias e outras cousas contra unha parede verde á beira dunha escaleira que leva a un loft para durmir.
Detalle dun caixón de freixo aberto dunha cociña modular ÄSPINGE. Hai cubertos e tarros pequenos con tapa no caixón.

Vapor subindo nunha cociña modular cara a unha campá extractora de parede VIGGBO con pequenos cuncos e tarros.
Primeiro plano de varios utensilios de cociña de metal e madeira pendurados de ganchos avermellados nunha cociña modular ÄSPINGE.

Almacenaxe intelixente: adeus ao caos, ola á creatividade

Unha cociña pequena adoita ensuciarse moi rápido, polo que cociñar sen estrés pode ser todo un reto. Por iso, incorporamos solucións de almacenaxe que enchen de orde e inspiración o espazo de esta apaixonada da cociña. Aquí, os taboleiros perforados SKÅDIS aproveitan ao máximo cada centímetro de espazo na parede e manteñen os utensilios e tixolas perfectamente organizados, á vista e ao alcance. O portacoitelos magnético HULTARP libera espazo no mesado e nos caixóns. Ao mesmo tempo, os andeis adicionais VARIERA liberan un espazo que non sabías que tiñas.

Unha persoa sentada nunha escaleira diante dunha parede decorada con taboleiros perforados SKÅDIS con artigos de cociña pendurados neles.
A silueta escura dunha persoa diante dunha fiestra arranxando uns testos pendurados dunha guía HULTARP negra.

Unha cesta RISATORP de cor verde escura con asa de madeira nun andel dunha illa de cociña á beira dunha bandexa, pratos e cuncos.
Unha parede verde con diferentes tipos de coitelos, unhas tesoiras e outros artigos pendurados nun portacoitelos magnético HULTARP negro.
Andeis dun carriño NISSAFORS negro cheo de verduras frescas, ovos, tarros e latas de comida, así como varias botellas.
Un estante VIHALS en gris escuro con, entre outras cousas, caixas de madeira, botellas e, sobre todo, pezas de vaixela brancas.
Un andel adicional VARIERA branco nun estante. Hai moreas de cuncos e pratos enriba, debaixo e ao lado.

Os ingredientes que calquera chef precisa

Só precisas tres ou catro artigos esenciais para chegar a novos niveis de creatividade culinaria. Cun coitelo de aceiro inoxidable de alta calidade, como VÖRDA, preparar verduras e carnes será moi sinxelo. Unha tixola duradeira, como MIDDAGSMAT, axudarache a converter eses ingredientes nun prato delicioso. E cando chegue o momento de servir, os pratos OFTAST clásicos ou a versátil vaixela IKEA 365+ de 18 pezas achegarán ese toque profesional que conquistará ás túas amizades, aos teus familiares ou aos teus seguidores.

Dúas mans suxeitando e cortando verduras sobre unha táboa de cortar APTITLIG de bambú cun coitelo de chef VÖRDA negro.
Unha man suxeitando unha tixola MIDDAGSMAT de aceiro inoxidable cun revestimento antiadherente e dándolle a volta ás verduras no aire.
Unha persoa inclinada sobre un prato fondo OFTAST branco con comida, poñendo con coidado unha flor enriba usando unhas pinzas.
Un prato OFTAST branco visto desde arriba sobre unha superficie de madeira. A comida está perfectamente disposta de maneira elegante.
Todos os elementos dunha vaixela IKEA +365 de 18 pezas amoreados entre si de forma divertida enriba dunha escaleira negra.