Saltar

Un pequeno cambio na túa cociña que se notará moito nas comidas familiares

Só precisas un par de cambios para converter a cociña nun paraíso vistoso, divertido e práctico. Imaxina un carriño verde, panos de cociña de cores, unha vaixela de bebé con motivos de ra e un tallo práctico: crearás un espazo tan animado como a túa propia familia. Terás todo preparado nun pestanexo.

Unha cociña moderna escandinava cunha trona ANTILOP branca, un carriño NISSAFORS, e unha mesa e unha cadeira LISABO.

O teu escuadrón para o xantar

A ti, pode parecerche un caos; pero fíxate nos máis pequenos. É unha obra de arte feita con espaguetes. Pero non te preocupes: temos o escuadrón definitivo para o xantar. A práctica trona ANTILOP e a divertida vaixela de bebé MATA con temática de ra están deseñadas para que as comidas sexan máis distendidas e agradables para todos. O mellor? Tamén son doadas de limpar.

Unha trona de bebé ANTILOP branca con correas de seguridade nunha cociña moderna.
Unha vaixela de bebé MATA de catro pezas con temática de ra en verde intenso composta por un babeiro, un cunco, un vaso e unha culler.

Un axudante moi divertido

O novo carriño NISSAFORS en verde claro dálle un toque de cor á cociña e axuda a que poñas e quites a mesa nun intre. E os cuncos OFTAST? Os seus lunares aledarán calquera comida e farán que cada prato sexa un pouco máis divertido.

Un carriño NISSAFORS en verde claro cheo de cuncos, pratos e outras pezas de vaixela nunha cociña moderna.
Cuncos OFTAST cun motivo de lunares verdes nunha mesa de comedor familiar nunha cociña escandinava moderna.

Dálles un toque de cor ás tarefas diarias

Ás veces, as pequenas cousas cambian todo. Cun xogo de catro panos de cociña RINNIG de cores, cada chef da familia pode ter o seu. Faite tamén cun dispensador de xabón GANSJÖN de gres para que fregar os pratos sexa un pouquiño menos molesto. E non esquezas a froita! As novas cestas para alimentos IKEA 365+ de malla en verde e amarelo vanche encantar: son perfectas para mantela fresca e tela á vista. 

Un pai e a súa filla facendo a comida con panos de cociña RINNIG de liño de cores vivas nunha cociña escandinava moderna.

Limóns e plátanos gardados en cestas para alimentos IKEA 365+ de malla en verde e amarelo.
Un dispensador de xabón, un recipiente e una xaboeira GANSJÖN en gres verde á beira dun vertedoiro nunha cociña escandinava moderna.

Chega ao máis alto

Poderías deixalo tal cal, co encanto natural da madeira. Pero, e se colles unha brocha e convertes o teu tallo BEKVÄM nunha ra feliz ou en calquera cousa que te faga sorrir? Elixas o estilo que elixas, será moi útil cando precises chegar ás partes máis altas da cociña.

Velaquí todos os tallos e escaleiras
Un tallo con chanzo BEKVÄM de madeira pintado como unha ra verde nunha cociña moderna.
Velaquí todos os tallos e escaleiras