Saltar

Trufas de chocolate e xenxibre

Apetéceche crear novas tradicións? Espalla o espírito do Nadal con esta receita crocante e gorentosa, que combina dous sabores clásicos do Nadal sueco.A gozar!

Unha man collendo unha trufa cuberta de anacos de galleta dourada de entre as moitas que hai nunha prata de vidro colocada sobre unha superficie verde.

Porcións: 40 | Elaboración: 20 minutos + 6 horas

Ingredientes

20 galletas de xenxibre VINTERSAGA

3 tabletas de chocolate negro CHOKLAD MÖRK de 100 g

1 1/2 dl de nata para bater

100 g de manteiga a temperatura ambiente

1/2 culleradiña de sal

Elaboración

  1. Pica o chocolate en anacos grandes. 
  2. Pon as galletas de xenxibre nunha bolsa de plástico. Esmágaas ata as migallas teren o tamaño desexado.
  3. Quenta a nata para bater e a manteiga nunha tixola ata atanguer os 75 °C. Retira a cazarola do lume e bota chocolate. Remexe ata conseguir unha mestura homoxénea.
  4. Bota a metade das migallas da galleta de xenxibre e remexe ata conseguir unha mestura homoxénea de novo. Mete a mestura no frigorífico e agarda polo menos catro horas ata arrefriar.
  5. Fai pequenas bólas redondas coa mestura e cúbreas co resto das migallas de galleta de xenxibre.

Detalle dunha fonte de vidro con trufas cubertas de anacos de galleta dourados, feitas de chocolate negro e galletas de xenxibre.