Torta de mazá e améndoa ao forno
Gustaríache darlle un xiro ás tortas tradicionais? Proba esta torta ao forno fácil de facer. Dependendo de con que a sirvas, pode ser aperitivo, sobremesa ou comida, ideal a calquera hora do día.


Porcións: 2-4 | Tempo: 35 minutos
Ingredientes
Torta de mazá e améndoa ao forno
60 g de améndoas MUNSBIT torradas e lixeiramente salgadas
2 dl de fariña de trigo Unha mazá pequena
4 dl de leite
Dous ovos
2 ml de sal
1 culleradiña de manteiga para a bandexa
ñ
Paso a paso:
- Quenta o forno a 225 °C. Mentres quece, engraxa unha bandexa de forno de aproximadamente 26 × 20 cm.
- Mestura a fariña con 2 dl de leite ata obteres unha masa suave. Engade os ovos, o sal e o resto do leite. Verte a mestura na bandexa.
- Corta a mazá en rodas finas e colócaas na bandexa.
- Enforna a torta durante uns 25 minutos.
- Namentres, pica as améndoas.
- A torta estará lista cando estea dourada. Engádelle as améndoas picadas por riba.
- Presentación: Consigue unha deliciosa sobremesa servindo a torta con marmelada e nata montada. Se queres comela como prato principal, sírvea con marmelada de arando vermello e beicon crocante.