Saltar

Seguridade na cociña e vivir con nenos

A seguridade na cociña é absolutamente fundamental, tanto para quen a usa como para os nenos que tes arredor: as diferentes etapas do crecemento veñen con diferentes graos de curiosa exploración. Por iso é importante traballar coa maior seguridade posible na cociña.

Unha cociña de cor beixe escuro mate con mesado de efecto mármore branco, xunto con guías negras e cadros en marcos negros sobre unha parede amarela.
Unha cociña de cor beixe escuro mate con mesado de efecto mármore branco, xunto con guías negras e cadros en marcos negros sobre unha parede amarela.

Tes o forno a punto?

Un forno con vidro de seguridade resistente á calor e seguro para nenos é a opción máis segura cando hai cativos. Colocalo un chisco máis alto faino aínda máis seguro. Non esquezas mirar ao teu redor cando o abras para asegurarte de que os cativos estean a unha distancia segura e utiliza sempre manoplas de forno para suxeitar con firmeza pratos quentes e moldes para enfornar.

Velaquí todos os fornos e fornos combi
Un neno pequeno observa a unha muller sacar unha fonte dun forno de aire forzado ANRÄTTA nunha cociña con frontes en mate beixe escuro.
Velaquí todos os fornos e fornos combi

Seguridade integrada dende o principio

As superficies de mesado xenerosas próximas á placa e o forno bríndanche un bo lugar para deixar as potas e os pratos quentes de xeito rápido e seguro, preferiblemente sobre un gardamanteis resistente. Se estás na fase de planificación dunha nova cociña, asegúrate tamén de colocar o vertedoiro e a cociña no mesmo lado para evitar derramar líquidos quentes.

Velaquí todos os accesorios de cociña
Unha man cunha luva de cociña coloca unha fonte de forno branca nun gardamanteis de aceiro inoxidable LÄMPLIG sobre un mesado de efecto mármore branco.
Velaquí todos os accesorios de cociña

Evitar que os nenos se manquen

Montar estes pasadores en armarios e caixóns mantén os nenos curiosos lonxe do que hai dentro. É especialmente importante para lugares nos que gardas coitelos, líquidos perigosos e outras cousas nocivas. De todos os xeitos, son moi doados de usar para os adultos, así que non te farán perder moito tempo cando esteas a cociñar.

Velaquí todos os produtos de seguridade para nenos
Unha man abrindo un caixón de cociña cun peche UTRUSTA negro para caixóns/armarios de cociña con pratos sopeiros brancos no interior.
Velaquí todos os produtos de seguridade para nenos

Suavizar os bordos afiados

Colocar protectores de esquina en mesas e mesados con bordos e esquinas afiados é unha sinxela medida de seguridade para evitar que os nenos se manquen ao xogar. Son autoadhesivos, polo que é fácil pegalos nos lugares onde alguén poida ferirse.

Velaquí todos os produtos de seguridade para nenos
Unha muller e un cativo nunha cociña cun protector de esquina UNDVIKA branco nun mesado de efecto mármore branco.
Velaquí todos os produtos de seguridade para nenos

Non esquezas os perigos eléctricos

Lembra manter os aparellos eléctricos e os cables fóra do alcance dos máis cativos. Tamén é boa idea ter tapados os enchufes de parede cando non os utilizas. Estes enchufes de seguridade son doados de instalar e quitar coa ferramenta adxunta e podes utilizalos tanto nos enchufes con toma de terra como nos enchufes sen toma de terra.

Velaquí a serie PATRULL
Unha persoa quitando un protector de enchufe PATRULL branco dun enchufe de parede usando un accesorio de cor, xunto a un xoguete no chan.
Velaquí a serie PATRULL