Saltar

Saca un 10 en cociña con este kit para estudantes

Tanto se tes experiencia cos fogóns como se necesitas que che axude a túa avoa a ferver pasta, temos todo o básico para converter un pequeno espazo universitario nunha cociña de primeira categoría para comer entre clase e clase, convidar a cear as túas amizades e tomar algún aperitivo á medianoite. E todo a uns prezos incribles. 

Unha cociña modular ÄSPINGE compacta en negro/freixo nun piso de estudantes moderno.

Un paquete plano pola mañá, un festín pola noite

Talvez o teu piso de estudantes non sexa moi grande, pero iso non vai impedir que cociñes en cantidades industriais. Malia o seu tamaño compacto, a cociña modular ÄSPINGE ofréceche un espazo de almacenaxe aberta e pechada moi versátil para gardar a comida e deixar á vista as túas cuncas favoritas. Tamén é independente e doada de instalar, polo que poderás recibila pola mañá e preparar o teu prato preferido esa mesma noite. 

Presentámosche o teu axudante

Ao empezar a universidade, hai que empezar a lembrar moitas cousas, como que botarlle ao guiso e como evitar queimar as fabas. Non te preocupes: a axuda está en camiño. A nova campá extractora de parede VIGGBO elimina o fume e serve tamén como andel para as herbas, as especias e ata o teléfono, se a colocas no ángulo axeitado. Precisas axuda? Co soporte para tableta HAVREHOJ, resistente e de altura regulable, poderás chamar doadamente a túa avoa mentres picas as verduras, refogas e sazonas. 

Un menú gourmet a un prezo accesible

Nunha cociña universitaria compartida, separar as túas cousas das dos demais non é tan doado, agás se tes a vaixela OFTAST, apta para o microondas e a lavalouza. Agora está dispoñible en verde claro, unha cor que se distingue cunha ollada. Ademais, está feita de vidro temperado, pero semella porcelana chinesa (agás polo prezo, claro). Completa o look cunha lámpada de teito ZEBRASÄV decorativa de plástico. Pendúraa enriba da mesa para crear unha escena e facer que cada comida sexa máis especial, aínda que só sexa outro prato de fideos. 

Máis ideas de almacenaxe sinxelas para a cociña