Saltar

Rolos asiáticos con albóndegas e salsa de soia

Tanto se os serves para picar como para acompañar outros alimentos ou como entrante, estes saborosos rolos de leituga con sabores asiáticos daranlle xeito a calquera celebración.

Unha man colle unha albóndega envolta nunha folla de leituga dun prato rosa e móllaa na salsa de soia dun prato branco.
Unha man colle unha albóndega envolta nunha folla de leituga dun prato rosa e móllaa na salsa de soia dun prato branco.

Porcións: catro | Tempo: 15 minutos

Ingredientes:

Rolos asiáticos con albóndegas
Oito albóndegas HUVUDROLL
Un aguacate
Dúas cenorias
Oito follas de leituga pequenas
Catro culleradas de dados de mango
Seis culleradas de colinabo picado
16 talladas finas de jalapeño fresco
Catro culleradiñas de sementes de sésamo negro
Catro culleradiñas de ceboliño picado

Salsa de soia 
Cinco culleradas de salsa de soia clara
Unha culleradiña de xenxibre relado
O zume dunha lima acabada de espremer
Un chile picado
Dúas culleradiñas de coandro picado

  1. Mestura todos os ingredientes da salsa.
  2. Parte o aguacate en dous, baléirao e córtao en talladas finas. A continuación, corta a cenoria en tiras finas cun pelador de patacas ou unha mandolina.
  3. Lava as follas de leituga, sécaas e ponas nun prato.
  4. Cociña as albóndegas seguindo as instrucións do envase.
  5. Enche as follas de leituga co colinabo, a cenoria, o aguacate, as albóndegas, o mango e o jalapeño.
  6. Engade as sementes de sésamo e o ceboliño, e serve as follas de leituga coa salsa.
  7. Consello: Elabora a versión vexetariana da receita con albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL.

Descubre novos sabores coas receitas IKEA

Goza de pratos saudables cada día e dálle un capricho ao padal de cando en vez! Descubre os teus novos pratos favoritos coas nosas numerosas e riquísimas receitas fáciles de cociñar. Desde roliños e albóndegas ata pratos vexetarianos e gofres: hai pratos para todos os gustos e padais.

Velaquí todas as receitas
Velaquí todas as receitas