Saltar

Roliños de canela torrados con xeado

Buscas unha sobremesa doce e sinxela? Daniel Yngvesson, deseñador de alimentación, propón esta deliciosa sobremesa como unha forma divertida e saborosa de reciclar calquera roliño que che sobrara. Engade o teu xeado favorito, arandos, azucre glas, xarope de pradairo e améndoas picadas. A gozar!
Tres roliños de canela KAFFEREP torrados, xeado, arandos, xarope de pradairo e améndoas picadas nunha bandexa de metal.

Ingredientes

  • 4 roliños de canela KAFFEREP, enfornados e preferiblemente que teñan un par de días
  • 4 culleradas de xeado
  • 1 dl de froitas silvestres
  • 2 culleradas de améndoas picadas
  • 1 cullerada de xarope de pradairo
  • 1 culleradiña de azucre glas

Elaboración

  1. Quenta unha grella a temperatura media-alta. Coloca os roliños de canela na grella e cocíñaos ata que teñan unha cor dourada uniforme.
  2. Retira os roliños da grella e déixaos arrefriar un chisco. Corta cada roliño pola metade e éncheos co teu xeado favorito, froitas silvestres e améndoas picadas. 
  3. Bota un pouco de xarope de pradairo por riba e remata cun chisco de azucre glas. Ñam!
Deseñador de alimentación de IKEA, Daniel Yngvesson