Saltar

Rösti crocante de patacas con gambas e caviar

Prato branco con dous röstis dourados con gambas, caviar e unha roda de limón sobre un mantel verde.
Prato branco con dous röstis dourados con gambas, caviar e unha roda de limón sobre un mantel verde.

Porcións: catro | Tempo: 10 minutos

Ingredientes:

Rösti con gambas e caviar
Un envase de RÖSTI de patacas 
125 g de gambas peladas SJÖRAPPORT 
1/2 cebola morada grande 
Catro culleradas de crema agre 
Catro culleradiñas de caviar vermello de lumpo 
Dúas culleradiñas de ceboliño picado 
Aceite de fritir 

Paso a paso:

  1. Desconxela as gambas.
  2. Pica a cebola morada.
  3. Prepara o rösti seguindo as instrucións do envase.
  4. Engádelle ao rösti a crema agre, o caviar, as gambas, a cebola morada e o ceboliño.
  5. Consello: Se queres darlle un toque diferente pero igual de delicioso, substitúe as gambas por salmón afumado frío. 

Descubre novos sabores coas receitas IKEA

Goza de pratos saudables cada día e dálle un capricho ao padal de cando en vez! Descubre os teus novos pratos favoritos coas nosas numerosas e riquísimas receitas fáciles de cociñar. Desde roliños e albóndegas ata pratos vexetarianos e gofres: hai pratos para todos os gustos e padais.

Velaquí todas as receitas
Velaquí todas as receitas