Saltar

Como elixir unha billa para a cociña

A billa da cociña úsase sen parar, xa sexa para limpar verduras ou encher a teteira, entre outras moitas actividades. Ao principio, pode resultarche tentador guiarte só polo estilo ao escoller unha billa de cociña; a verdade é que, con tantas formas e acabados, ten todo o sentido que así sexa. Porén, unha boa billa éo por algo máis que o seu aspecto exterior. Nesta guía, exploraremos todas as cuestións que se deben considerar: o deseño, as distintas funcións, a calidade duradeira e os xeitos de facer un uso máis consciente da auga. Deste modo, poderás decantarte con total seguranza pola billa que se adapte mellor á túa cociña, o teu estilo de vida e o teu orzamento.
Unha cociña cunha billa de cociña SALLSJÖN con cano móbil e pulverizador en aceiro inoxidable que se está a empregar para lavar uns limóns.

Comeza polo estilo

A dicir verdade, unha billa pode contar con múltiples funcións útiles, pero o caso é que encaixe cos seus arredores. Por iso, consideramos que o estilo ben podería ser o punto de maior prema da túa listaxe ao elixir unha billa. Á fin e ao cabo, a cociña é un dos espazos máis persoais dun fogar, e a billa debería coordinar coa túa personalidade e o teu estilo de vida. Dá igual se prefires un estilo moderno, un toque industrial ou un aspecto tradicional: dispoñemos dunha ampla variedade de estilos que encaixarán coa túa cociña, sexa como sexa.

Flexibilidade onde máis a precisas

Unha billa de cociña é máis útil se se move contigo. Ao facer malabares coas potas, preparar a comida ou limpar tras a cea, un pouco de flexibilidade axuda bastante. Moitas das nosas billas inclúen funcións móbiles ou extraíbles para chegar onde outras non poden. Algunhas ofrecen un tubo extraíble oculto e un deseño clásico, mentres que outras teñen tubos flexibles e xiratorios que se moven con facilidade. Todas as billas viran 120°, como mínimo, e algunhas chegan aos 360°; isto concede unha maior liberdade, independentemente da tarefa.

Elixe o chorro segundo a tarefa entre mans

A túa cociña debería poder ocuparse de todo: dende simples aclarados ata limpezas a fondo. Con algunhas das nosas billas, poderás cambiar o chorro segundo a tarefa que queiras levar a cabo. Usa un chorro suave e aireado para realizar actividades delicadas, e emprega un máis intenso para lavar ou aclarar os pratos. Ademais, moitos cabezais contan cunha rótula pivotante de 360° que che permitirá axustar con facilidade o ángulo e a dirección do caudal.

Menos é máis

En IKEA, sempre procuramos novas formas de axudarche a consumir menos auga no fogar sen que os resultados se vexan comprometidos. Todas as nosas billas de cociña inclúen un ventilador que mestura o aire coa auga, o que permite que o caudal sexa idóneo ao mesmo tempo que gastas menos. E, en caso de que a túa billa dispoña dun cano extraíble ou móbil, resulta sinxelo dirixir a auga xusto a onde che interesa; así, sempre terás o control e evitarás malgastar.
Primeiro plano dunha billa de cociña extraíble SALLSJÖN en aceiro inoxidable; unha man fai uso da función extraíble.

Menos é máis

En IKEA, sempre procuramos novas formas de axudarche a consumir menos auga no fogar sen que os resultados se vexan comprometidos. Todas as nosas billas de cociña inclúen un ventilador que mestura o aire coa auga, o que permite que o caudal sexa idóneo ao mesmo tempo que gastas menos. E, en caso de que a túa billa dispoña dun cano extraíble ou móbil, resulta sinxelo dirixir a auga xusto a onde che interesa; así, sempre terás o control e evitarás malgastar.

Feitas para durar

Unha boa billa de cociña ten que durar anos. As nosas billas extraíbles recuperan a súa posición orixinal con facilidade, de xeito que o tubo se retrae sen complicacións. As billas móbiles inclúen soportes de cano magnéticos que manteñen o cabezal xusto onde debe estar. Estas funcións axudan a reducir o desgaste e a que as billas duren máis. E, por se che gusta gozar dunha maior tranquilidade, todas as billas de cociña IKEA teñen unha garantía de 10 anos, polo que poderás confiar na opción pola que te decantes sen importar cantos anos pasen.
Primeiro plano dunha billa TAKSJÖN negra; unha man fai uso da función extraíble e amosa o botón de pulverización.

Feitas para durar

Unha boa billa de cociña ten que durar anos. As nosas billas extraíbles recuperan a súa posición orixinal con facilidade, de xeito que o tubo se retrae sen complicacións. As billas móbiles inclúen soportes de cano magnéticos que manteñen o cabezal xusto onde debe estar. Estas funcións axudan a reducir o desgaste e a que as billas duren máis. E, por se che gusta gozar dunha maior tranquilidade, todas as billas de cociña IKEA teñen unha garantía de 10 anos, polo que poderás confiar na opción pola que te decantes sen importar cantos anos pasen.

Máis ideas de almacenaxe sinxelas para a cociña