Saltar

Pudin de roliños de canela

Sobráronche roliños de canela do brunch de onte? Pois non os tires! Daniel Yngvesson, deseñador de alimentación, comparte a súa receita para crear un doce cremoso, caseiro e delicioso. Xa sexa algo especial para a finde ou unha sorpresa entre semana para os teus seres queridos, este pudin de roliños de canela é un éxito asegurado.
Un pudin de roliños de canela acabado de facer, elaborado con roliños de canela KAFFEREP, nunha bandexa para enfornar rectangular sobre un mantel.

Ingredientes

  • 4 roliños de canela KAFFEREP, enfornados50 g de manteiga (1 cullerada é para o molde)
  • 2 dl de leite
  • 2 ovos
  • 1/2 dl de azucre granulado
  • Améndoas picadas
  • Pasas
  • Aderezo: nata montada ou xeado

Elaboración

  1. Quenta o forno a 175 °C.
  2. Engraxa un molde para forno cunhas medidas aproximadas de 30 x 20 cm. 
  3. Pon a ferver a manteiga e o leite nunha cazarola. 
  4. Bate os ovos e o azucre noutro recipiente ata obter unha mestura lixeira e esponxosa. Verte pouco a pouco a mestura de leite mentres bates. 
  5. Corta os roliños de canela pola metade e colócaos na bandexa para enfornar. 
  6. Verte a mestura de ovo sobre os roliños de canela e cúbreos con améndoas picadas e pasas. 
  7. Enforna durante 20-30 minutos ou ata que o pudin estea dourado. 
  8. Sirve cunha cullerada de nata montada ou unha bóla de xeado.
Deseñador de alimentación de IKEA, Daniel Yngvesson