Saltar

Pan polar con salmón, ovo e maionesa

Calquera día pode ser especial con este saboroso roliño! Prepárao en só 15 minutos con salmón afumado en frío, verduras crocantes e ensalada de ovo cremoso e maionesa.

Pan polar GRÄDDAT con salmón afumado en frío SJÖRAPPORT, leituga e col lombarda servido nunha mesa con guarnición extra.

Porcións: 4 | Elaboración: 15 min | Contén peixe

Ingredientes:

4 unidades de pan polar GRÄDDAT

1 envase de salmón afumado en frío SJÖRAPPORT

4 dl de ensalada de ovo e maionesa (ver ingredientes a continuación)

1-2 cenorias en láminas finas

Ceboliños picados

Follas de ensalada

Col lombarda

Chícharos

 

Ensalada de ovo e maionesa:

6 ovos duros

1,5 dl de maionesa

Elaboración

  1. Corta os ovos en dados e mestúraos coa maionesa para elaborar a ensalada de ovo e maionesa.
  2. Estende a ensalada de ovo e maionesa polo centro do pan polar. Empeza por arriba e deixa algúns centímetros abaixo.
  3. Coloca as talladas de salmón sobre a ensalada de ovo e maionesa, e engádelle as follas de ensalada, as verduras e o ceboliño. Coloca os ingredientes de xeito que ao enrolar o pan polar se vexan anaquiños de todos eles.
  4. Por último, dobra o pan polar desde abaixo cara arriba uns centímetros e logo á esquerda e á dereita ata crear un roliño.

Velaquí máis receitas
Pan polar GRÄDDAT con salmón afumado en frío SJÖRAPPORT, leituga e col lombarda servido nun prato azul.
Velaquí máis receitas