Saltar

Mojito de fresa sen alcol

Brinda por un divertidísimo verán con este mojito de fresa sen alcol! O sabor delicioso e o aire festivo convérteno no mellor refresco para calquera ocasión.

Vasos con bebida gasosa de sabor a lima/limón ISKUB, amorodos e menta servidos nunha bandexa prateada con utensilios de cóctel á beira.

Porcións: 4 | Elaboración: 10 minutos | Vexetal

Ingredientes:

500 ml de bebida gasosa de sabor a lima/limón ISKUB

40 follas de menta fresca

40 amorodos frescos

8 culleradiñas de azucre

2 limas

Xeo picado

Elaboración

  1. Lava as limas. Corta 4-8 rodas de lima para decorar e resérvaas.
  2. Lava e seca os amorodos. Quítalles os talos. Escolle 4-8 amorodos para decorar e resérvaos. Corta o resto dos amorodos en anacos máis pequenos.
  3. Divide os amorodos, as follas de menta e o azucre en catro vasos. Usa un morteiro ou o mango dunha culler de madeira para machucar suavemente os ingredientes do fondo dos vasos e potenciar os seus sabores.
  4. Espreme media lima en cada vaso.
  5. Enche os vasos co xeo picado e engádelle bebida gasosa con sabor a lima/limón. Decora con follas de menta, amorodos e rodas de lima.

Velaquí máis receitas
Un vaso cheo de bebida gasosa de sabor a lima/limón ISKUB, amorodos e menta servido nunha bandexa prateada.
Velaquí máis receitas