Saltar

Menos desperdicio, máis sabor: Organiza e etiqueta as túas comidas

No fondo, todos somos un pouco sibaritas. E iso non é malo, pero significa que non queremos malgastar os produtos que mercamos nin os deliciosos pratos que preparamos. Para logralo, podemos cambiar a forma de almacenar e aproveitar a comida. Únete a nós na misión de organizar a neveira, o conxelador, os armarios e a despensa para estragar menos comida.
Aceite orgánico de colza SMAKRIK

Tíralle o máximo proveito á túa comida: Planifica e organiza a túa neveira

Comeza por revisar o que tes e organiza as túas comidas arredor dos alimentos que leven máis na túa neveira: verduras sobrantes poden converterse en sofrixidos ou ensaladas, e a pasta sobrante da noite pasada transfórmase con facilidade cun mollo rápido e un pouco de queixo fundido.

Axusta a humidade do frigorífico segundo o que gardes: as follas verdes, o brócoli ou as cenorias precisan máis humidade; as froitas con pel grosa ou con óso, menos (ou poden deixarse fóra da neveira).

E non esquezas a túa listaxe da compra: axudarache a evitar compras innecesarias, aforrar cartos e manter a cociña sempre organizada.

Moitas delicias para despois

Adoitas esquecer as froitas e verduras frescas que mercas? A chave está en preparalas con antelación: enxáugaas, sécaas e divídeas en porcións dentro das bolsas reutilizables ISTAD; así, teralas sempre listas para cociñar ou como petisco rápido. Se precisas levar o teu almorzo, organiza as comidas nas friameiras empillables UTBJUDA: un sándwich nunha, froita na outra. E, se es máis de sopas, o recipiente isotérmico EFTERFRÅGAD manterá a túa sopa quente esteas onde esteas. 

Sobras para todas as persoas!

Sobrou demasiada comida despois dunha festa ou grellada? Non deixes que os convidados marchen coas mans baleiras: prepara porcións para que todos poidan levar algo delicioso á casa. Outra idea é organizar unha comida ao día seguinte coas sobras. Ademais de gozar de novos sabores, estragaredes menos comida. Iso si: lembra que se prestas unha friameira..., teñen que devolvercha!

Etiqueta ou adiviña... Ti elixes

Xa sexa para a despensa, a neveira ou o conxelador, etiquetar os recipientes co contido e a data axuda a coñecer a súa frescura. Revisa as datas de cando en vez: coloca diante o que máis tempo leve e deixa o máis recente para despois. 

Trucos rápidos: A carne crúa aguanta na neveira 1‑2 días, e no conxelador ata seis meses; o pescado fresco, 1‑2 días no frigorífico, e tres meses no conxelador, e as verduras cocidas, 3‑4 días na neveira. 

Velaquí os consellos

Ideas sinxelas para reducir os residuos no fogar​

Os residuos domésticos son un problema a escala global: cada día, desperdícianse mil millóns de racións de comida, aproximadamente, segundo o informe sobre o índice de desperdicio de alimentos de 2024 do PNUMA. É dicir, que por moito coidado que teñas, sempre xerarás residuos no teu fogar. A cuestión está en como os xestionas, e nós temos moitas ideas que farán que o teu día a día sexa máis sostible. 

Velaquí os consellos