Maximizar o espazo da cociña para ter máis sitio para cociñar
Andas na procura de ideas para aforrar espazo na cociña para ter más sitio para cociñar? Unha solución é liberar as superficies de traballo que xa tes buscando un novo lugar de almacenamento para as cousas que tes no mesado. Outra é buscar formas prácticas de crear superficies de traballo adicionais. Velaquí unhas cantas ideas.



- Páxina de información do produto
Un caixón con moito espazo de traballo adicional
Podes colocarlle unha fronte de caixón a esta enxeñosa superficie extraíble ou ocultala dentro dun caixón ou detrás da porta dun armario para ter máis espazo para depositar alimentos ou picar verduras. Só tes que empuxala para ocultala de novo.