Saltar

Infusión con mazá e especias

Rodea coas mans unha cunca de infusión de mazá e canela e goza dun groliño propio de Suecia que che fará entrar en calor como se fose un abrazo nun día fresco.

Un cazo con té verde FLÖJT quente con rodas de mazás e especias sobre un pano de cociña de raias cunha cunca á beira.

Porcións: 4 | Elaboración: 5 min

Ingredientes:

4 bolsiñas de té verde FLÖJT

4 dl de auga

4 dl de zume de mazá

1 cullerada de mel

5 poliñas de canela

1 culleradiña de cravo

1-2 mazás

Arandos vermellos (opcional)

Elaboración

  1. Pon a auga a ferver nun cazo, retírao da calor e engádelle as bolsiñas de té. Déixaas na auga 3 minutos.
  2. Engádelle o zume de mazá, o mel, os cravos e unha poliña de canela. Quéntaos ata que fervan e déixaos a lume lento durante 10 minutos coa tapa posta.
  3. Mentres, corta as mazás en rodas. Colócaas nas cuncas cunha poliña de canela e uns cantos arandos vermellos.
  4. Verte a infusión quente de mazá e canela en cada cunca, e goza do ambiente acolledor.

    Consello:
    Podes cambiar o zume de mazá por sidra de mazá se o prefires.

Velaquí máis receitas
Un cazo cunha infusión quente con rodas de mazá, especias e unha bolsiña de té verde FLÖJT. Hai mazás enteiras á beira.
Velaquí máis receitas