Saltar

Como reducir os residuos e aforrar diñeiro na cociña

Son moitas as cousas que entran na cociña (comida, enerxía, auga...), pero tamén son moitos os residuos que saen. Porén, cunhas poucas escollas intelixentes haberás controlar mellor o que entra e sae. A túa carteira e o planeta haberancho agradecer.

Un mesado EKBACKEN antracita nun vertedoiro cun contedor GRUNDVATTNET gris, panos de microfibra e accesorios.
Un mesado EKBACKEN antracita nun vertedoiro cun contedor GRUNDVATTNET gris, panos de microfibra e accesorios.

O fervedoiro máis rápido do lugar

A indución transfire a calor directamente ás potas e non á superficie da placa. Dado que non hai perda de calor, podes cociñar máis rápido, o que significa un chisco máis de tempo para ti.

Velaquí todas as placas
Unha cazarola con tapa de aceiro VARDAGEN de cinco litros nunha placa de cociña cun mesado gris escuro e parede de azulexos escuros a xogo.
Velaquí todas as placas

Conserva para cando queiras

Cos botes con tapa has reducir o desbaldío de comida. Non só porque conservan os alimentos frescos máis tempo, senón porque tamén son perfectos para probares a facer conservas. Cunha báscula aseguraraste de usar as proporcións correctas para sacar o máximo partido dos alimentos.

Velaquí todas as opcións de organización e almacenaxe da comida
Lugar para preparar conservas en vinagre con básculas GENOMSNITT, unha táboa de cortar PROPPMÄTT, sementes de mostaza e unha morea de rodiñas de cabaciña.
Velaquí todas as opcións de organización e almacenaxe da comida

Reduce o vertedoiro

Encher un vertedoiro consome moita auga, especialmente se é grande. Probablemente non precises tanta auga para lavar. Pon un tubo máis fino no vertedoiro e aforrarás no consumo de auga.

Velaquí todos os accesorios para vertedoiro
Vertedoiro cun contedor GRUNDVATTNET gris e unha billa ÄLMAREN, panos de microfibra e accesorios nun lado.
Velaquí todos os accesorios para vertedoiro

Mellor en bambú

Un xeito de facer a túa cociña máis sostible é mediante os materiais que utilizas. As frontes de caixón en bambú son unha boa opción, xa que é unha madeira moi duradeira e de cultivo rápido e ademais é ben bonita.

Velaquí todas as portas e frontes de caixóns METOD
Sección de cociña con armarios METOD, interiores MAXIMERA e frontes de bambú embaixo dun mesado EKBACKEN antracita.
Velaquí todas as portas e frontes de caixóns METOD

Demostra ás táboas de cortar o moito que as queres

Se coidas un pouco das túas táboas de cortar, non hai motivo polo que non poidan durar anos. Simplemente lembra non metelas na lavalouza e tratalas con aceite de cando en vez.

Velaquí todas as táboas de cortar
Botella de aceite de colza SMAKRIK sobre unha táboa de cortar PROPPMÄTT de faia nunha mesa negra e redonda.
Velaquí todas as táboas de cortar

Usa un caixón para clasificar a reciclaxe

Crear unha estación de reciclaxe na cociña pode ser moi boa idea, pero pode resultar un pouco antiestética ou que quede polo medio. Por que non a pos nun caixón profundo (ou varios)? Deste xeito poderás reciclar facilmente e dun xeito cómodo.

Velaquí todas as bolsas e caldeiros do lixo
Caixón de cociña totalmente aberto cunha solución de reciclaxe de catro caldeiros HÅLLBAR grises con ventilación.
Velaquí todas as bolsas e caldeiros do lixo

Aproveita ao máximo a neveira

Ter auga fría sempre dispoñible na neveira significa que non terás que deixar correr a auga da billa para teres auga fresca, que nos meses de verán pode tardar bastante en saír. Se ademais lle engades unha bandexa xiratoria, non esquecerás nada do que tes na neveira e aforrarás o susto de atopares cousas verdes con peliño...

Velaquí todas as opcións de organización e almacenaxe da comida
Metade superior dun frigorífico e conxelador RÅKALL cheo de comida con botes e unha bandexa xiratoria SNURRAD.
Velaquí todas as opcións de organización e almacenaxe da comida

Non o tirarás se o ves

Os caixóns extraíbles permítenche saber rapidamente o que tes e o que non tes. Esquécete de ir ao supermercado a por cousas que xa tiñas.

Velaquí todos os organizadores de interior
Fronte de cociña alta, aberta e en cor escura que deixa ver varios caixóns con contedores e comida.
Velaquí todos os organizadores de interior

Agora velo, agora non o ves

Unha estación de reciclaxe para cociña non ten porque ocupar moito espazo. Se tiveres un oquiño por aí, podes poñer bolsas grandes no chan e listo. Engádelle uns estantes e unhas guías para dispoñer de algo de espazo de almacenaxe extra e, se queres telo todo agochado da vista, tápao cunha cortina.

Velaquí todas as bolsas e caldeiros do lixo
Estación de reciclaxe con bolsas de clasificación de residuos DIMPA, estantes e bolsas de rede KUNGSFORS detrás dunha cortina.
Velaquí todas as bolsas e caldeiros do lixo