Saltar

Como facer unha cociña compartida na que te sintas como se fose túa

Compartir cociña pode ser complicado. Afortunadamente, cunhas poucas ideas e os produtos axeitados podes ter as túas cousas baixo control, facer espazo extra e sentirte tan a gusto nun espazo compartido como se fose só teu.

Cociña con armarios baixos METOD brancos e interiores MAXIMERA, mesado EKBACKEN e dous carriños NISSAFORS.
Cociña con armarios baixos METOD brancos e interiores MAXIMERA, mesado EKBACKEN e dous carriños NISSAFORS.

Espazo para todos

Un carriño como este non só che dá espazo de almacenaxe, tamén che dá unha superficie de traballo extra onde e cando a precisas. Virache especialmente ben cando haxa moitos cociñeiros na cociña.

Velaquí todos os carriños
Allos tenros e un coitelo nunha táboa de cortar nun carriño de cociña BEKVÄM en bidueiro colocado perpendicular a un mesado EKBACKEN.
Velaquí todos os carriños

Mantede abertas as canles de comunicación

Unha das claves para compartir piso é unha boa comunicación. Un taboleiro de notas na cociña permitirache a ti e ás persoas coas que convives estar, dalgún xeito, en contacto todo o día. Onde está cadaquén, a quen lle toca cociñar, ir á compra ou sacar o lixo...? Cun taboleiro de notas, remataron esas dúbidas.

Velaquí todos os taboleiros de notas
Unha sección de parede cun taboleiro de notas SVENSÅS negro con cousas escritas. Debaixo colgan accesorios nunha guía montada en parede.
Velaquí todos os taboleiros de notas

E o que é meu é meu e é meu

A maior parte das cociñas teñen varios caixóns e armarios, o que pode facer complicado saber de quen é cada cousa. Etiquetas como estas axudan a crear un espazo propio para cadaquén. Son claras dabondo para transmitir a mensaxe pero discretas para non estragar a estética da cociña.

Unha sección dun mesado laminado efecto freixo EKBACKEN e unha combinación de armarios METOD brancos embaixo.

Un carriño para cadaquén

Con carriños individuais poderás crear unha estación de traballo portátil de teu. Sácao cando o precises e apártao cando remates. Escolle diferentes cores para diferenciar cal é de cadaquén.

Velaquí todos os carriños
Armarios METOD brancos con interiores MAXIMERA, un mesado EKBACKEN e dous carriños NISSAFORS embaixo, un branco e outro negro.
Velaquí todos os carriños

Escolle o teu deseño

Asignar un deseño ou cor a cada persoa das que conviven na casa axudará a que todo o mundo saiba de quen é cada pano de cociña. Ademais é máis cómodo e máis hixiénico, e iso é importante cando se comparte piso.

Velaquí todos os téxtiles para cociñas
Catro panos de cociña RINNIG en branco, negro e gris en ganchos individuais ao final dun mesado de cociña.
Velaquí todos os téxtiles para cociñas