Saltar

Guiso indio con albóndegas de proteína vexetal

Atrévete con este guiso indio con sabores intensos. Combina verduras, especias indias e unhas saborosas albóndegas de proteína vexetal: un prato delicioso, apto para vexetarianos.

Un prato de cor turquesa, enriba doutro prato azul, con arroz, un guiso e coandro.
Un prato de cor turquesa, enriba doutro prato azul, con arroz, un guiso e coandro.

Prato vexetariano | Porcións: 4 | Tempo: 30 minutos

Ingredientes:

Guiso indio con albóndegas de proteína vexetal
360 g (aprox. 24 unidades) de albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL
4 porcións de arroz
1 cebola amarela
2 dentes de allo
1 cullerada de xenxibre picado moi fino
2 culleradas de puré de tomate
1 cullerada da mestura de especias garam masala
1 ml de copos de chile
2 dl de leite de coco
1 dl de auga
2 dl de tomate triturado
1 pastilla de caldo de verduras
30 g de espinaca baby
Sal
Chutney de mango
Anacardios
Ceboliño
Coandro
Aceite para fritir

Paso a paso:

  1. Prepara o arroz seguindo as instrucións que se mostran no envase.
  2. Pica ben a cebola amarela, o allo e o xenxibre. Quenta o aceite nunha tixola a lume medio e engade os ingredientes que picaches. Sofrite todo ata que estea ben tenro.
  3. Engade á tixola o puré de tomate, o garam masala e os copos de chile. Saltea todo durante uns minutos.
  4. Engade a leite de coco, a auga e o tomate triturado. Esmigalla a pastilla de caldo, engádea á tixola co resto dos ingredientes e remove.
  5. Engade as albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL e déixao a lume lento uns 15 minutos. Ponlle un pouco de sal.
  6. Pica os anacardios, o ceboliño e o coandro.
  7. Engade a espinaca baby á tixola xusto antes de servir.

 

Presentación

Sirve o guiso xunto ao arroz cocido e decora cunha cullerada de chutney de mango, ademais do ceboliño, os anacardios e o coandro que picaches. Bo proveito!

Descubre novos sabores coas receitas IKEA

Goza de pratos deliciosos cada día e dálle un capricho ao padal de cando en vez! Descubre os teus novos pratos favoritos coas nosas numerosas e riquísimas receitas fáciles de cociñar. Desde roliños e albóndegas ata pratos vexetarianos e gofres: hai pratos para todos os gustos e padais.

Velaquí todas as receitas
Velaquí todas as receitas