Saltar

Guía para mercar potas e tixolas

Para cociñar como se debe, é moi importante contar coas ferramentas axeitadas: utensilios, coitelería e, sobre todo, potas e tixolas. Na nosa guía, atoparás as que mellor se axustan ás túas necesidades, independentemente de se estás a comezar no mundo culinario ou xa dominas a cociña.

Consellos para todas as persoas

Se non te identificas con ningún dos tipos de chef, aquí tes varios consellos xerais

O xogo básico: un bo comezo

Se o que buscas é cociñar sen grandes pretensións e a diario, unha pota grande (de 3 a 5 l), un cazo pequeno (de 2 l), unha tixola mediana (de 28 cm) e unha tixola para sofrixir deberían de cubrir todas as túas necesidades. Neste caso, aposta por Teflon Select, un revestimento antiadherente moi resistente, co que podes cociñar con pouco aceite e que resulta fácil de limpar. É de aluminio, un material que distribúe a calor de xeito uniforme e eficiente para evitar que a comida se queime e se pegue. Son aptas para todas as placas de cociña, e podes ir engadindo utensilios para completar o teu conxunto a medida que os vaias necesitando.

Velaquí a serie HEMLAGAD
Tres potas de aceiro inoxidable e unha tixola OUMBÄRLIG negra sobre un mesado de mármore cunha superficie do mesmo material.
Velaquí a serie HEMLAGAD

Utensilios esenciais: potas

As potas son máis grandes que os cazos, xa que poden conter un mínimo de 2 l, e teñen dúas asas que axudan a transportalas dun lado a outro, a pesar do seu tamaño e o seu peso. Con elas, podes cociñar para toda a familia ou preparar pratos que requiran moita auga. Por exemplo, para ferver a pasta.

Velaquí todas as potas
Unha pota con verduras cociñadas sobre un gardamanteis de cortiza nunha mesa lista para a cea. Nela, hai unha culler de madeira.
Velaquí todas as potas

Utensilios esenciais: cazos

Os cazos son tixolas pequenas que poden conter entre 0,5 e 2 l, e contan cun mango longo e recto. Na maioría dos casos, empréganse para preparar comidas de pequeno tamaño, como verduras ou salsas.

Velaquí todos os cazos
Un cazo de aceiro inoxidable en fronte dunha pota do mesmo material, nun mesado de mármore cunha superficie que combina.
Velaquí todos os cazos

Utensilios esenciais: tixolas

As tixolas de aluminio con revestimento antiadherente nunca sobran, xa que o devandito revestimento impide que a comide se queime con facilidade, fai que limpar sexa máis sinxelo e evita ter que usar moita graxa. Pola súa parte, as tixolas de ferro fundido douran a comida de forma proporcionada, xa que ese material conduce a calor a partes iguais e a conserva durante períodos prolongados.

Velaquí todas as tixolas
Unha persoa suxeita unha tixola cun pano arredor do mango de aceiro inoxidable. Está a fritir col chinesa xunto a unha táboa para cortar de madeira.
Velaquí todas as tixolas

Aforra tempo coas tixolas para sofrixir

As tixolas para sofrixir empréganse para dourar anacos de carne, pescado ou polo, sofritir verduras e reducir as salsas. Dispoñen de bordos elevados para evitar derramar ou salpicar comida ao volteala ou removela. En moitos casos, inclúen unha tampa que as cobre de forma completa ou parcial para cociñar a comida cando os ingredientes xa se dourasen.

Velaquí todas as tixolas para sofrixir
Unha tixola para sofrixir con albóndegas e salsa sobre unha placa de indución negra.
Velaquí todas as tixolas para sofrixir

Unha alternativa para gozar das grellas

Ao cociñar con grellas, a humidade da comida permanece no seu interior e a súa superficie pasa a ser crocante. Para conseguilo, cómpre que a temperatura sexa elevada durante un corto período. As grellas contan cunha superficie con forma de ondas que achega á comida unha marca característica. Así mesmo, reduce a graxa dos alimentos e fai que se concentre na súa parte inferior.

Velaquí todas as grellas
Unha grella na que se friten cebolas cortadas, sobre un mesado de pedra e xunto a un cunco de salsa vermella.
Velaquí todas as grellas

Woks: frito pero saudable

Ao usar un wok para sofrixir alimentos, a graxa non é tan necesaria, e, por iso mesmo, a comida resultante convértese nunha opción máis lixeira. Os woks teñen laterais altos e inclinados, o que contribúe a que a calor se distribúa de xeito eficaz e a partes iguais, e a que os ingredientes se concentren na parte inferior, onde a temperatura é máis elevada. Se queres cociñar con chama aberta (como unha placa de gas), recomendámosche un wok de base redondeada. Pola súa parte, as placas eléctricas e a vitrocerámica funcionan mellor en woks de base plana.

Velaquí todos os woks
Wok con verduras frescas, como brócoli, sobre o mesado gris dunha cociña.
Velaquí todos os woks
Serie de potas e tixolas FINMAT

Materiais e mantemento

O correcto mantemento das túas potas e tixolas é un proceso básico para alongar a vida útil destes instrumentos. Lembra consultar as etiquetas dos produtos, que che indicarán como limpar cada un e para que tipo de placas son axeitados. Coida todo o que poidas os teus utensilios de cociña. Para conseguilo, sigue estes sinxelos consellos

Velaquí consellos de mantemento