Saltar

Pon aos nenos a cociñar e apréndelles hábitos saudables

Medir, mesturar, poñer a mesa... Poñer os rapaces a axudar na cociña é do máis divertido... e tamén educativo. E non só por aprenderlles a cociñar; estaraslles inculcando tamén hábitos saudables que che haberán agradecer toda a vida (e o planeta tamén).

Un mesado no medio dunha sesión de cociñado, con ovos, fariña e utensilios. Mans traballando unha masa en cuncos VISPAD brancos e unha cesta para fermentar pan.
Un mesado no medio dunha sesión de cociñado, con ovos, fariña e utensilios. Mans traballando unha masa en cuncos VISPAD brancos e unha cesta para fermentar pan.

Con menos desorde é máis divertido

Está claro que os son moi de enleala; os adultos non tanto. Con mandís poderán medir, mesturar, remexer e amasar canto queiran manténdoo todo relativamente ordenado.

Velaquí todos os téxtiles para cociñas
Unha rapaza e un home preparando algo para enfornar con cuncos VISPAD brancos, ovos, fariña e accesorios para o forno.
Velaquí todos os téxtiles para cociñas

Cos accesorios de cociña para nenos, a seguridade é o primeiro

Cortar e picar son dúas habilidades necesarias para dominar a cociña, pero poñer obxectos afiados en mans pequeniñas pode botarnos para atrás. Cos utensilios seguros do tamaño axeitado será todo máis doado (e tranquilizador) para ensinar aos nenos a cociñar.

Velaquí todos os produtos de cociña e louza para os máis pequenos
Un rapaz xunto un mesado concentrado en cortar unha mazá cun coitelo SMÅBIT sobre unha táboa de cortar cun pelador a SMÅBIT a carón.
Velaquí todos os produtos de cociña e louza para os máis pequenos

Un paso na dirección axeitada

Os nenos e nenas poden perder moitas cousas só por seren baixiños, e iso non é xusto. Un tallo axudaralles a cociñar e a faceren outras moitas cousas dun xeito máis igualitario, permitíndolles estar onde está a festa.

Velaquí todos os bancos e tallos infantís
Unha rapaza sobre un tallo infantil TROGEN amarelo xunto un mesado e un adulto a carón dela.
Velaquí todos os bancos e tallos infantís

Poñer a mesa e aprender

Poñer a mesa pode parecer unha tarefa sinxela, pero é unha grande oportunidade para aprender. Cando os pequenos poñen a mesa, traballan con cores, contan e exercitan conceptos como a dereita e a esquerda. Ademais, fai que se sintan ben por axudaren. Só tes que te asegurar de demostrar que llo valoras.

Velaquí todas as vaixelas
Un rapaz pon cuncos FÄRGKLAR verdes sobre pratos brancos nunha mesa asollada cun mantel e flores.
Velaquí todas as vaixelas

Augas mansas

Xogar con auga sempre é divertido: chapuzar, asperxer, verter, aclarar... É unha sensación agradable, fai ruído e molla. Como non lles vai gustar? Por iso, se queres que os pequenos participen na cociña, déixaos facer todo o relacionado coa auga: desde lavar a ensalada a secar. A cociña ofrece un mar de posibilidades para xogar coa auga.

Mesado no que un rapaz lava unha leituga cun coador KLOCKREN branco mentres un home corta vexetais cun prato fondo UPPLAGA branco.

Déixaos recoller o que botaron

Sementar gromos é a maneira perfecta de ensinar aos pequenos o ciclo da vida. E xa que o fas, por que non facelo ben? Unha fonte de forno pode ser ideal para botar sementes, xa que caben moitos xermolos nela e podédela empregar tantas veces como queirades.

Velaquí todos os utensilios de cociña
Unha rapaza coloca sementes nunha base de terra nunha fonte de forno de vidro transparente MIXTUR. Ao seu carón, un home sostén un cunco con máis sementes.
Velaquí todos os utensilios de cociña

Baixo a túa supervisión, pero sen pisalos

Se tes sitio, por que non creas un recunchiño para os pequenos na cociña? Unhas cadeiras, unha mesa e almacenaxe de parede (todo á súa altura, por suposto). Así terán espazo abondo para xogaren mentres ti cociñas.

Velaquí todos os mobles infantís
Sección dun recanto infantil nunha cociña con tallos e mesas infantís FLISAT e unha fonte de forno con brotes.
Velaquí todos os mobles infantís

Comidas sas para todo o mundo

Preparando friameiras para toda a familia asegurarédesvos de que comedes dun xeito saudable. Facelo xuntos pode converterse nunha actividade divertida coa que poderás ensinar aos teus fillos que é saudable e que non.

Velaquí todas as friameiras
Un mesado de cociña con comida e bebidas preparadas en botes IKEA 365+ e outros recipientes para comida.
Velaquí todas as friameiras