Saltar

Formas sinxelas de gardar na despensa e organizala

Cal é o mellor xeito de manter controlados os alimentos que non gardas no frigorífico nin no conxelador? Quizais teñas unha despensa independente ou non che quede outra que aproveitar ao máximo un andel da cociña, caixón ou oco dun armario. Pero non importa: temos varias ideas para organizar eses alimentos que vas consumindo aos poucos, no canto de tomalos axiña.

Recipientes transparentes con cereais e fabas no andel máis baixo dunha guía KUNGSFORS con balda/reixa de parede.
Recipientes transparentes con cereais e fabas no andel máis baixo dunha guía KUNGSFORS con balda/reixa de parede.

Os recipientes de alimentos transparentes non agochan nada

Se gardas os alimentos da despensa en recipientes transparentes, no canto de nos seus propios envases, resultarache máis doado saber o que tes. Se queres, podes etiquetalos. No canto de mesturar envases, caixas e bolsas de todo tipo, terás os alimentos organizados de xeito eficiente.

Recipientes para alimentos IKEA 365+ nun caixón aberto; neles gárdanse, entre outros, lentellas vermellas e champiñóns deshidratados.
Nunha cociña con azulexos brancos, hai tarros de vidro con pasta sen cociñar e outros alimentos nos andeis dun carriño RÅSKOG.

Produtos fixos para a despensa que sempre terás á man

Se tes sempre á man os produtos que máis usas, evitarás o estrés mentres cociñas. Por exemplo, un carriño para almorzo que poidas levar rodando ata a mesa ou unha reixa de parede con herbas, especias e conservas. A clave é desenvolver certa fluidez arredor das comidas e a súa elaboración.

Un carriño RÅSKOG branco con tarros VARDAGEN transparentes con cereais, cuncos GLADELIG grises e outros artigos de almorzo.
Recipientes, ganchos, bolsas de rede e un soporte para tableta, xunto con alimentos frescos e en conserva, pendurados dunha reixa de parede KUNGSFORS de aceiro inoxidable.
Un armario alto con despensa extraíble onde se gardan tarros con tapa KORKEN e outros recipientes de alimentos con diversos produtos.
Caixas KNAGGLIG de piñeiro e tarros con tapa KORKEN en andeis de parede e nunha illa de cociña VADHOLMA negra/de carballo nunha despensa.
Froitas e verduras en cuncos enriba dun mesado gris e penduradas de bolsas de rede e ganchos nunha guía KUNGSFORS de aceiro inoxidable.

Produtos prácticos para crear máis espazo na despensa

Os andeis adicionais e as cestas colgantes poden ser moi útiles para aproveitar ao máximo a altura dun andel que se usa como despensa. Son moi económicos e doados de poñer e quitar segundo vaian mudando as necesidades. Con eles, terás unha maior capacidade de almacenaxe sen ter que facer buratos nin grandes cambios.

Dous andeis adicionais VARIERA e catro cestas colgantes PÅLYCKE nun armario de parede de cociña branco con caixas de almacenaxe e recipientes para servir.
Dous paquetes de café nunha cesta colgante PÅLYCKE pendurada dun andel con tarros de vidro que teñen pasta sen cociñar.
Parede dunha despensa cunha mesa de traballo BROR negra e un estante BROR negro onde se gardan caixas de piñeiro KNAGGLIG e produtos frescos.

A despensa non ten por que estar na cociña

Con só un estante sinxelo, pero resistente, poderás converter un espazo desaproveitado no recibidor, o garaxe ou mesmo na sala de estar nunha práctica despensa. Paga a pena telo en conta se tes unha cociña pequena.

Velaquí todas as solucións de despensa