Saltar

Estás a 4 pasos da túa cociña con dobre función

Para moitos de nós, traballar dende a casa é a nosa nova realidade. Se non tes un espazo específico na casa para traballar, terás que inventalo! E cales son os candidatos favoritos? A cociña e o comedor: o corazón da casa e o lugar no que adoitamos pasar a maior parte do tempo. Así é como podes converter a hora do almorzo nunha videochamada nuns sinxelos pasos.

1. Reimaxina a túa cociña

Se para ti traballar na cociña é unha realidade, pensa na mesa e as cadeiras, e asegúrate de que sexan cómodas. Despois chega o momento de realizar algúns cambio sinxelos para que poidas dar á cociña unha dobre función.

Velaquí todas as portas e frontes de caixóns METOD
Un home abre o seu computador nunha mesa extensible RÖNNINGE nunha cociña con portas VEDDINGE brancas e ASKERSUND efecto freixo.
Velaquí todas as portas e frontes de caixóns METOD

2. Almacenaxe de parede sinxela

Unha lámpada de traballo de montaxe en parede que se pode colocar en ángulo con respecto á estación de traballo, ademais dunha guía con ganchos e bolsas para obxectos básicos de traballo axudarán a teres as túas cousas á man e a gardalas facilmente.

Ver máis organizadores de parede
Unha lámpada de parede de NYMÅNE con brazo oscilante e material de oficina colgando de ganchos e en recipientes de cáñamo NEREBY nunha guía.
Ver máis organizadores de parede

3. Ten preto un carriño de traballo

O carriño con rodas RÅSKOG convértese nun versátil sistema de almacenaxe fácil de mover. Perfecto para reunións sobre a marcha.

Velaquí todas as illas de cociña e carriños
Un carriño branco RÅSKOG con catro rodas ateigado de material de oficina. Un gancho do que pendura unha bolsa NEREBY natural con cables para ordenador.
Velaquí todas as illas de cociña e carriños

4. Unha cortina para ocultalo todo

Estás a piques de entrar na primeira videochamada do día e aínda tes o almorzo enriba do mesado da cociña? Cunha simple guía para cortinas en fronte da cociña poderás agochar axiña o desastre. Así terás a tranquilidade precisa para centrarte na túa próxima tarefa.

Velaquí máis cortinas
Un home que utiliza a súa cociña como oficina pecha unhas cortinas MOALINA verdes e brancas para ocultar o mesado e os fogóns.
Velaquí máis cortinas