Saltar

Ensalada de cabaza

Sobrouche algo de cabaza da fin de semana pasada? Esta receita de Daniel Yngvesson, o noso deseñador de alimentación, daralle un toque distinto e contundente ás túas ensaladas cun pouco de cabaza. Engádelle col e unha deliciosa mestura de améndoas, bagas e queixo de cabra para gozar de toda unha explosión de sabor e enerxía.

Unha ensalada de cabaza rabaqueta, col negra, queixo de cabra e mestura de noces torradas e bagas MUNSBIT nunha mesa rosa.

Ingredientes

  • 180 g de mestura de bagas e noces torradas lixeiramente salgadas MUNSBIT
  • 1 kg de cabaza rabaqueta
  • 2 dentes de allo picados
  • 1 ml de chile moído
  • 1 culleradiña de pemento
  • 150 g de queixo de cabra
  • 200 g de col negra tipo kale
  • 1 cullerada de zume de limón acabado de espremer
  • Aceite de oliva - Sal - Pementa

Elaboración

  1. Quenta o forno a 200 °C.
  2. Pela a cabaza, córtaa pola metade ao longo e quítalle as sementes. Córtaa en anacos e colócaos sobre unha bandexa de forno cuberta con papel para enfornar.
  3. Adereza con aceite de oliva, sal, pementa, allo, pemento e chile moído. Engade o queixo de cabra esfarelado en anacos grandes. Enforna no centro do forno durante uns 15 minutos ata que todo colla o ton axeitado.
  4. Mentres, lava a col negra. Pártea en anacos pequenos e colócaos nun cunco.
  5. Mestura a col co zume de limón, sal e aceite.
  6. Coloca a cabaza, o queixo de cabra e a col en capas nun prato. Engádelle as noces torradas e as bagas.

Consello: Engádelle sementes de granada para darlle un pouco máis de sabor. A gozar!

 

Deseñador de alimentación de IKEA, Daniel Yngvesson