Ensalada de salmón e verduras con salsa de allo
Deleita aos teus comensais con este fantástico prato estival. Todos quererán saber a receita! Este prato combina un salmón delicioso, verduras e unha saborosa salsa para ofrecer unha experiencia difícil de esquecer.


Contén pescado | Porcións: 4 | Tempo: 30 minutos
Ingredientes:
Ensalada de salmón e verduras
1 paquete (500 g) de filetes de salmón SJÖRAPPORT
Casca de 1 limón
1 cullerada de aceite de oliva
4 cenorias
1 fiúncho
1/2 cebola perlada
10 ravos
3 culleradas de zume de limón acabado de espremer
75 g de chícharos doces
65 g de follas de espinaca
Salsa de allo
15 g de aneto
35 g de perexil
35 g de alfábega
1 dente de allo pequeno
2 culleradas de zume de limón acabado de espremer
1 dl de aceite de oliva
1/2 dl de iogur natural
Paso a paso:
- Desconxela o filete de salmón SJÖRAPPORT. Quenta o forno a 200 °C.
- Coloca o salmón nunha bandexa de forno enriba do papel de forno. Rela a casca de limón (só a parte amarela) por riba do salmón e alíñao con aceite de oliva, sal e pementa.
- Enforna o salmón SJÖRAPPORT durante 15-20 minutos ata que a temperatura interna acade os 50-55 ºC.
- Para preparar a salsa de allo, mestura o aneto, o pirixel, a alfábega, o allo, o zume de limón e o aceite de oliva nun batedor ou robot de cociña.
- Engade o iogur á mestura e aliña con sal e pementa.
- Para preparar a ensalada, pela as cenorias e córtaas en bastóns. Pon a ferver a auga cun pouco de sal, engade as cenorias e cocíñaas durante 5 minutos aproximadamente ou ata que estean tenras.
- Corta o fiúncho, a cebola perlada e os ravos en talladas finas. Se é posible, usa unha mandolina. Pon o fiúncho nun cunco e engade o zume de limón.
- Pon as verduras e o salmón nun prato grande. Vai alternando as verduras, o salmón e a salsa, e adereza con aneto.