Saltar

De cociñar a conectar: unha cociña compartida que pode con todo

Cun pouco de creatividade, a túa cociña compartida pode servir para todo, equilibrando funcionalidade e diversión. De día, é o recanto perfecto para cociñar e facer as tarefas do fogar. De noite, transfórmase nun acolledor espazo social onde preparar a comida e comer en compañía.

Un vídeo no que se ve un espazo de sala de estar e cociña moi ordenado que, de súpeto, se transforma nunha animada zona de comedor con varias persoas.

Unha cociña compartida na que todas as persoas son benvidas

Con só uns cambios sinxelos e accesibles, a túa cociña compartida pode ser máis cómoda e acolledora para recibir visitas. Faite con asentos amontoables, como os tallos IBBARBO, que permiten aforrar espazo cando non se usan. Outra idea é romper as normas tradicionais e crear unha escena cálida e desenfadada cun sofá, que fará ás veces de asento adicional na mesa de comedor cando teñas visita para darche a flexibilidade que precisas.

Unha persoa de pé á beira de tres tallos IBBARO en gris escuro amontoados; esta persoa sostén un cuarto tallo enriba dos outros tres.
Catro persoas nunha mesa, cada unha suxeitando una copa IKEA 365+ con bebida e achegándoa para brindar.

Para un intre a ver o que xa tes no teu fogar. Cun pouco de creatividade, talvez as persoas que vivan contigo e mais ti xa teñades cousas ás que poidades darlles outro uso. Imaxina que estás seguindo a túa propia receita para transformar a túa cociña. Se aproveitades o que xa tedes, asegurádesvos de que as vosas pertenzas e o voso espazo se adapten ás vosas necesidades para crear un ambiente práctico, acolledor e totalmente á vosa medida.

Unha persoa comodamente sentada nun sofá cama de 2 prazas LINDÅKRA en laranxa intenso coas pernas levantadas e un portátil no colo.
Catro persoas facendo a comida nunha cociña alegre. Unha persoa inclínase sobre unha mesa VIHALS branca para deixar algo de comida enriba.

Máis conexión, menos perfección

Ao vivir con alguén, cada un levará algo á mesa (literalmente!). Por exemplo, podedes xuntar as mesas de todos para crear un espazo de traballo común para estudar, xogar e comer en compañía. A túa cociña compartida pode converterse nun espazo de reunión para socializar mentres cada quen fai as súas cousas.

Un vídeo no que se amosa a varias persoas sentadas nunha combinación de mesas facendo cousas distintas: lendo, traballando, comendo e falando.

Almacenaxe sinxela: ideas para unha cociña compartida

Compartes a cociña e precisas máis espazo para as túas pertenzas? Descubre algunhas formas creativas de aproveitar ao máximo o que tes. As guías e ganchos KUNGSFORS poden transformar a parede nun espazo de almacenaxe moi práctico para gardar utensilios, panos ou mesmo unha guitarra. Os armarios e estantes ofrecen espazos para todo, desde cristalaría e floreiros ata unha colección de vinilos. Tamén podes elixir un carriño versátil como NISSAFORS, ideal para gardar os teus artigos esenciais no mesmo sitio e levalos doadamente a calquera parte. Nesta cociña compartida, cada persoa ten o seu propio carriño, pero todos gárdanse xuntos para organizar mellor o espazo.

Unha parede de azulexos en marrón avermellado con varios utensilios de cociña, froita, instrumentos e outros artigos pendurados de guías KUNGSFORS.

Unha solución de almacenaxe LÅDMAKARE con portas corredizas á beira dunha parede de cor marrón avermellada; nos andeis, hai distintos artigos.
Unha persoa colocando a agulla nun disco, nun tocadiscos antigo colocado no andel superior dun carriño NISSAFORS branco.

As mellores festas sempre se celebran na cociña, non?

Vale, limpar despois dunha festa non é precisamente o máis divertido, pero tamén forma parte da experiencia e adoita infravalorarse moito. É a oportunidade perfecta para pasar tempo coas túas amizades e a túa familia, compartir as pequenas tarefas e deixar que a conversa flúa de maneira natural, creando un momento no que todas as persoas se sintan incluídas. Hai algo especial nesas noites que se prolongan fregando pratos e limpando en conxunto. Seguros que rides das cousas que pasaron e estreitades lazos a través das experiencias compartidas. Todo forma parte da maxia da noite.

Unha persoa sentada no mesado dunha cociña observa a outra persoa que mira cara ao mesado cun pano RINNIG no peto de detrás.